30/6/10

Palabras para...VOS


Este foi o último agasallo: as Palabras para Julia de José Agustín Goytisolo.
Espero de verdade que este fermoso poema vos acompañe sempre que o precisedes.
A versión de Paco Ibañez acompañou (e acompaña) á miña xeración.
Para vós escollín esta máis moderna de Los Suaves. Pero...o poema é o poema. E non perde actualidade.
A vida é longa.
Sorte, xustiza e Bicos.

29/6/10

Raqueiros...ou non?


Esta é a vosa lenda. A que escollçechedes, a que ilustráchedes, aquela que nos contaron os vosos avós.
Tiñamos máis. Xa o sabedes. Foi unha estupenda maneira de achegarnos ós avós con respeto, con tempo... con ganas de escoitalos de verdade.
Espero que non perdades nunca esa chave que abre, de verdade, a caixa dos tesouros dos avós.

16/6/10

O último traballo


Este foi o último traballo deste curso: construir un circuito integrado nunha estructura...¡que funcionara!
E estas foron as marabillas que fixeron.
A min gustoume especiualmente esa reproducción da nosa biblioteca porque sempre conseguides sorprenderme.
E tamén o faro de Fani polo que ten de sinxelo e eficaz.
E... ¿que dicir dese Parque Naturla de Barizo? ou da corte, ou dos campos de fútbol tan actuais... ou dese rsotro ó que se lle alumean os ollos e as xoias?
Enfin...¡unhas marabillas de traballo e creatividade!
Parabéns por eses traballos tan cheos de dedicación e boa sorte para..¡o que nos queda de vida!