20/12/11

Felicitación



Os nenos e nenas de 5ºB desexámosvos:

FELICES FESTAS!!!

10/12/11

Dereitos dos nenos e nenas no Sahara

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

1/12/11

Informe versión GRIMM



Informe CINCENTA


Segundo a versión dos irmáns Grimm
Contos de Grimm. Ed. Xerais (Vigo, 1998)


Vou analizar o conto de Cincenta recollido polos irmans Grimm . Voume centrar nos personaxes máis relevantes: a madrastra , as medio-irmáns e Cincenta.

A madrastra caracterízase por defectos tanto na forma de ser como nas accións . Pódese dicir que neste conto a madrastra é descrita como unha mala persoa.

Ás medio-irmáns atribúenselles defectos no caracter anque cualidades no fisico. Estes personaxes describense como malas persoas anque fermosas.

Cincenta nesta historia móstrase como un personaxe moi activo.
Ó principio é descrita como unha criada e ao final acaba sendo describinta coma unha raiña . Cincenta nesta historia é moi positiva tanto en cualidades como en accións e moi activa porque as cousas boas que lle van pasando sempre son porque ela fai algo, non porque se limite a chorar (Disney) ou pedir (Perrault) .
Na versión dos Grimm no hay fada madriña nin variña máxica pero o que si aparece é o espíritu da nai que é como se a protexera sempre.
Pareceume unha versión moi diferente das que eu coñecía, sobre todo por eso: porque a rapaza fai moitas cousas e case non chora nada.



Uxía Casal, Malpica, Novembro de 2011