25/5/12

A voltas coa Prehistoria

Xa sei que o tema está estudado, pero hoxe chéganme estes videos e decidín ofrecérvolos para compensar aquela historia fea, fea, desa empresa (Explora Films) que non nos permitiu ver o que eles fixeran (O legado celta). Nin aínda explicandolles que tiña un uso escolar. Por certo: aínda segue colgado en Youtube, así que...¡non entendemos nada!

23/5/12

Coreografía para o rap

Para escoller os pasos da coreografía.

O rap da lingua

Para aprender...¡e bailar!

22/5/12

¡Que remexo!

O martes, os compañeiros e compañeiras de 6º contáronnos un conto que escribiu Nico : unha preciosa hoistoria inventada por el na que participan, misturándose, personaxes de varios contos: o lobo, o flautista, a avoa, Carapuchiña... Mirade as cariñas dos pequenos ¡ben atentos! Poderemos disfrutar da versión impresa do conto de Nico cando teñamos o libro encadernado. Mentres...ide mirando as fotos!

Semana dos Contos

Anque xa foi o luns 14, non houbo tempo de poñervos estas imaxes aquí. Primeiro, Marín, Diego e Uxía fixeron unha marabillosa narración do conto que entre toso escribimos e ilustramos: a nosa Cincenta, contada coa técnica do kamishibai. O caso é que como nos sairon moitas imaxes, non puidemos usar o teatriño propio desta técnica pero... foi unha excelente lectura! Que ninguén pense que é doado ler mantendo a atención de 180 nenos e nenas. E fixéchedelo! Despois, Nerea, Nuria, Eva, Manuel, Noelia, Santi, Diego García e Pedro contáronos o conto dos 3 porquiños na versión de Roald Dahl, a que está incluída no libro Cuentos en verso para niños perversos. Risas a cachón e unhas interpretacións excelentes. No hipervínculo do título do conto tendes o texto e o enlace ás fotos AQUÍ

18/5/12

Homenaxe a Rosalía

Velaí o poema de Rosalía: XAN (Follas Novas, 1880) recitado polos nenos e nenas de 5ºA. Hoxe foi unha xornada festiva. Canto traballiño vos dou, ¿verdade? Pero, xa se sabe que: quen algo quere... Os meus parabéns por esta magnífica lectura tan expresiva. Será a nosa aportación ao proxecto "Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas"

11/5/12

Animais raros, raros

O último traballo documental dos nenos e nenas de 5ºA trata sobre animais. Unha pequena investigación sobre o animal que escolleu cada quen de entre aqueles dos que nunca escoitara falar. Empregaron unha linguaxe moi científica ¡Abofé!