23/6/12

Grazas


 O martes 19 cheguei a clase coa idea de rematar de explicar o sistema sexaxesimal. E ¿que me encontrei? UNHA FESTA SORPRESA!!!
 Moitas grazas a todos por iso que, creádelo ou non, é a primeira vez na miña vida que me pasa. Ata ese día eu só as vira nas películas. O certo é que había moito cariño encerrado en cantos esforzos fixéchedes para organizar a festa e mantela en segredo.
Por todo elo,
 MOITAS GRAZAS!
 AQUÍ algunha foto máis

13/6/12

Gráfica de peso en kg



    Dos 13 individuos reflexados na gráfica, 7 están por debaixo da media e 5 por encima. En cambio na actualidade, vemos 9 por debaixo da media e 4 por encima.
    Os dous individuos ( 8 e 10 ) que tiñan o maior peso o nacer, agora son dos pun tos mais baixos da grafica. E sucede a inversa co nº 12 .
     Co paso do tempo , dos 13 individuos analizados todos presentan variacións moi acusadas escepto en dous casos (2 e 4). Esas variacións tan notables foron todas a baixa escepto en 4 casos (6, 7, 11 e 12), que o fixeron aumentando.

Grafica de medida en m e cm




  Das 13 persoas que se ven na grafica da medida, hai 5 por riba da media e 6 por debaixo.Sen embargo, na actualidade estan 8 por riba e 5 por debaixo.Isto quere decir que medramos moito.

Ao nacer, o punto máis alto e (o 8) que estaba 3 cm por riba da media e na actualidade está so 1 cm..
Eu que son o numero 5 o nacer estaba 1 cm por debaixo e na actualidade estou 1 cm por riba.