05/12/13

A miña cadela


Chámome Aida Veiga e teño 10 anos.
A miña cadela é de raza yorkshire terriere e chamase Piruleta
Gústalle morder os zapatos e a roupa. É marrón con negro, tamén é moi larpeira. Gústame xogar moito con ela porque ela é moi xoguetona.

Praia do porto de Barizo

   
Son Adrian Verdes e vivo en Barizo.

Esta é a praia do porto de Barizo ,  está cerca da miña casa. Polo medio  pasa un rego que leva algo
de auga, no veran é a praia á que máis me vou bañar. É abrigada de case tódolos ventos, sobre todo
do nordés.
 A auga está sempre a boa temperatura.

cachorro pastor



Son Eva Martìnez Garcìa  teño 11 anos e son de Seaia (Malpica de Bergantiños) .Teño unha cadela  que se chama Luna, é de raza  pastor labrador
Cando era un cachorro  trouxemos  a segunda cadela que se chama  Linda. Despois de que viñera Linda,  Luna poñiase moi nerviosa ata que se afixo.

A carta


Este trimestre estivemos aprendendo a escribir cartas.
Enviamosllas ao alcalde de Malpica e ao diretor do noso colexio (C.E.I.P. Milladoiro) explicándolle as deficiencias que nos parecía necesario arranxar.

A mediados de novembro comezamos a recibir as respostas do Sr. Alcalde. Respondeunos a cada un persoalmente. Na maioría dos casos as cousas que nós lle pedíramos estan en proxecto para arranxar, por exemplo: un espello para un cruce de Mens,  o chan do parque do mercado de Malpica, os baches que hai nunha rúa de Beo, o tellado do Pabillón, as farolas que non funcionaban ...

Noutros casos, que se precisan moitos cartos, díxonos que están mirando de conseguir os cartos.

Quedamos moi sorprendidos ao recibir as respostas pois non contabamos con elas xa que pensabamos que era unha persoa demasiado ocupada para responderlle a uns nenos. E gustounos moito que non fora así.

O que aprendemos: 
Se tes algo que dicir, non andes rexubando polas esquinas: dillo a quen pode solucionalo.

04/12/13

Cronoloxía


A Idade Media é o período da Historia que vai desde a caída do Imperio Romano ata o descubrimento de América.

Os pobos bárbaros do centro e norte de Europa invadiron o Imperio Romano e establecéronse nos distintos territorios.

 Á Península Ibérica chegaron: Suevos, Vándalos, Alanos e Visigodos.
Caracterízase por:
  • frecuentes guerras e invasións 
  • ter como sistema de goberno o Feudalismo 
  • consolidción e extensión do cristianismo.As Cruzadas. 
  • creáronse os alicerces das que hoxe son as nacións europeas. 
  • foron nacendo as grandes cidades. 
  • foi xurdindo a burguesía.
 Ten dúas etapas:
a Alta Idade Meida (s.V a s. XI)
  •  consolídade o Feudalismo
e a Baixa Idade Media (s.XI ao s. XV) 
  • medran as cidades
  • florece o comercio

Idade Media

Comezamos co tema da Idade Media e para entrar en materia veremos este video sobre Visigodos e Musulmáns.

02/12/13

Os gatos Luna,Perlita e Máster.

Chámome  Luis Manuel Ferreiro Loureiro vivo en Malpica de Bergantiños.
                                                                                  
Tiña tres gatos, que se chamaban Luna , Perlita e ster. Son gatos siameses.

A súa nai chamase Brea.
Vivian na casa de miña avoa en Seaia. Alí pasábano xenial.

Cando me vian chégar estaban na cancela e poñíanse moi contentos de verme.
Pero cando sabián comer, beber e andar tivémolos que regalar.

                           uoises

Os meus periquitos



Chámome Jorge Arcay, teño 10 anos e teño 5 periquitos: 3 amarelos, 1 verde e 1 azul. Un dos amarelos é lutino. As femias chámanse: Nani, Lola  e Pituca . Os machos chámanse: Nolito e Coco.

Comen: galletas, follas de leituga, pan, froitas, cenorias e comida especial para eles.

A min gústame coller a Pituca, Nolito e Coco  porque son os mais mansos. A Pituca e a Nolito ensineilles a facer o morto.

A Lola é moi mala porque non para de poñer  ovos e sacar pitos que nós regalamos.
Se lle poño unha folla de leituga mollada báñanse nela e dame moita risa.

A Praia das Catedrais

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 
                                               Son Clara Facal   teño 10 anos.                                                                                Esta é a foto  que lle saquei a praia das catedrais. Esta praia encontrase en Lugo (Ribadeo)
É moi longa, tamen é moi bonita xa que as suas rochas teñen unha forma moi estraña. A maioria das rochas son de pizarra.
Esta praia da ao Mar Cantábrico. Tamén, nas suas rochas podese escalar, cousa que eu xa fixen.                                                    

A grade e o arado

Chamome Eloy Santos e son un alumno de 5º.
Na miña casa en Mens hay unha grade de madeira e dentes de ferro.
Úsabase antiguamente para labrar a terra. É de tracción animal.
Cando labraban a terra sempre lle poñian unha pedra enrriba para que chegara mais ao fondo, e despois poder arar ben

Este é un arado que tamén se utilizaba en tempos antigos para arar a terra despois da grade. Encontreino en terras de Soneira (Vimianzo) na casa dos meus avós.

o meu pastor alemán

Chamome Eloy Santos teño 10 anos e vivo en Mens.
Teño unha cadela de raza pastor alemán chamada Zelda.
Tan só ten dous meses e sempre me esta mordendo os pantalóns.
Ten os ollos marróns e a pelaxe de cor negro - fuego.
Gústalle correr detras dos meus tres gat@s: Luisma, Lucas e Perdida.
 Sempre que veño do cole ao mediodia  xogo con ela é cepilloa.