Este será o tema motivador dos nosos disfraces deste ano.
O título correspóndese cunha das grandes obras da literatura univeral, algunhas de cuxas historias xa coñecedes pois forman parte das máis contadas: Simbad, Aladino, Alíbabá...
Deixovos algúns enlaces para que vaiades lendo e escollades o personaxe que queredes recrear.
De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
31/01/14
29/01/14
25/01/14
21/01/14
A nutrición nun ecosistema
As cadeas alimentarias son gráficos
que indican a relación de alimentación que existe entre os seres vivos
dun ecosistema. De cada ser vivo parte unha frecha que se dirixe ao
ser vivo que se alimenta del.
O conxunto de tódalas cadeas
alimentarias dun ecosistema forman unha rede alimentaria. Nela,
represéntase gráficamente as relacións de alimentación entre tódalas
poblacións de seres vivos dun ecosistema.
Rede dun ecosistema terrestre
Rede dun ecosistema acuático
Copia este esquema na libreta:
Relacións nun ecosistema
Dentro dun ECOSISTEMA, os seres vivos establecen diferentes tipos de relacións:
É dicir: ou serven de alimento uns aos outros, ou compiten entre sí ou colaboran... dependendo das condicións.
Ecosistemas
Un ECOSISTEMA é a suma dos seres vivos que habitan un determinado espazo e ese espazo propiamente dito.
O conxunto dos seres vivos (animais, vexetais e fungos) chámase BIOCENOSE e as características do lugar (solo, luz, humidade, temperatira, altitude): BIOTOPO
02/01/14
Caderno de animais raros
No pasado trimestre comezamos a familiarizarnos coa edición dixital así como coa redacción de pequemos informes.
Velaí o resultado dalgúns deses traballos: o xa clásico caderno de Animais Raros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)