19/2/15

Día da Muller:

Achégase o Día da MUller Traballadora (8 de Marzo), data que aproveitamos para achegarnos á biografía dalgunhas mulleres senlleiras pero silenciadas ou pouco coñecidas. En 6º tentaremos aprender algo sobre a vida de Exeria e en 5º sobre a activista saharaui Aminatou Haidar. Velaí os documentos que vos axudaran na investigación:


 Exeria:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Exeria_(escritora)
http://es.slideshare.net/bibliofloriani/1-exeria
 http://www.quepasanacosta.com/?p=20588
http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=164 http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/arturo-iglesias-exeria-primeira-cronista-viaxes-da-historia/20140610175134028183.html 

Aminatou Haidar:
http://es.wikipedia.org/wiki/Aminatou_Haidar
http://es.wikipedia.org/wiki/Caso_Aminetu_Haidar
 http://www.rtve.es/noticias/aminatu-haidar/
http://www.20minutos.es/minuteca/aminatu-haidar/
http://www.nodo50.org/csca/agenda09/misc/pdf/CurriculumAminatouHaidar.pdf



17/2/15

5º: Sahara


Entroido 2015: Sahara (5º) from bemilladoiro on Vimeo.
Palabras de Caramelo (Gonzalo Moure, Ed. Xerais) os escolares de 5º recrearon a vida no Sahara Occidental.
O tío de Clara deu vida a Caramelo polo que lle damos as grazas.

6º: Romanía

Entroido 2015: Romania (6º) from bemilladoiro on Vimeo.

Despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta (Ledicia Costas, Xerais, 2015) os escolares de 6º achegáronse a Transilvania, Drácula e Romanía. E esta foi a súa recreación.

9/2/15

As Juanas

La Loca
Hoxe falamos de suas mulleres que vos causaron
La Beltraneja
 impresión: Juana la Beltraneja (sobriña de Isabel I de Castilla e Juana la Loca (filla de Isabel) Deixovos dous videso que tentan reconstruir as súas historias cuns mínimos de rigor historico. Anque pensade que, a Historia non é unha ciencia exacta.

Pinchando sobre o enlace accederedes aos videos que foron feitos pola TVE.

Son un pouco longos pero, dado o interés seguro que resultan entretidos.

5/2/15

Contos clásicos cambiados

A que sobre un problema, unha historia, un suceso... sempre hai varios puntos de vista?
Sabémolo ben cando contamos nós mesmos calquera cousa que vivimos: se a conto eu e se a conta a miña amiga, ás veces ate chegan a parecer historias distintas. A que sí?

Isto é o que se chama: punto de vista. Nesta ocasión, os nenos e nenas de 6º practicaron un texto argumentativo aplicándollo a algunhas historias que coñecemos ben e díronnos a coñecer os puntos de vistade dos que tradicionalmente xogaron o papel de ANTAGONISTA.

 Así que ides escoitar ao Lobo de Carapuchiña, ao dos 3 Porquiños, ao dos 7 cabritos, á bruxa de Hansel e Gretel e á madrastra de Brancaneves.

Escoitade con atención porque, despois de séculos de cargar co papel de "malos", agora vanse explicar por primeira vez.