22/4/16

Carmen Muñoz

O pasado mércores 13 de abril recibimos no cole a Carmen Muñoz que, ademáis de ser a nai de Javier, é poeta.
Ela é de Cáceres [Extremadura]. Comezou a publicar con 41 anos pero aos 17 xa escribía frases poéticas. Sempre leva unha libretiña con ela. Ten 3 libros, e o que máis lle gusta é ``20 poemas en remanso´´.
A poesía que máis usa é a que ten rima, mentres que os tipos de poesías que máis lle gustan son as de tema erótico, filosófico e sentimental.
O que máis me gustou foi cando Carmen dixo que hai que crer nos teu soños porque é certo.
É unha sorte que puidera vir dado que aparte da súa afición pola poesía, é limpadora e moi tímida.
A min, persoalmente, encantoume a súa visita porque aprendín moito sobre a poesía.
                                               
                                                                Alicia

No hay comentarios: