20/6/17

O último Proxecto: circuitos e máquinas

O último Proxecto: Circuitos e máquinas from bemilladoiro on Vimeo.

O último Proxecto en 6º é sempre este: construir unha maqueta que incorpore un circuito eléctrico e dúas máquinas simples. É un traballo no que se permite (e se agradece) a colaboración da familia xa que está pensado para aprender (claro!) pero tamén para estreitar lazos e facer algo lúdico en grupo: unha etapa da vida remata e comeza outra. E convén seguir lembrando que precisamos axuda e podemos atopala en quenes nos rodean. Cada ano conseguides sorprendernos pola creatividade e o mimo que derrochades. O futuro está agardando por vós.

No hay comentarios: