24/03/20

Rutina do martes: 5º EP

Bo día, rapazada!!

Como estades? Como ides levando estes días?

Hoxe traivos a continuación das nosas rutinas de darlle á cabeciña e reflexionar... cun conxunto de citas célebres sobre un personaxe famoso... Sabedes quen toca hoxe? Douvos unha pista... E=mc2.

Colléchelo xa? Estamos falando dunha fórmula que cambiou a historia da ciencia moderna, e que descubriu, coa axuda da súa muller... ALBERT EINSTEIN!










Einstein foi un dos grandes pensadores do S. XX e que tivo a humanidade. Sen dúbida, as súas aportacións á ciencia e sociedade en xeral foron moi grandes... Sabíades que Google Maps se basea na teoría da relatividade formulada por Einstein? E que os láseres baséanse noutra teoría del e funcionan grazas aos seus descubrimentos?

Para as máis atrevidas e atrevidos... aquí vos deixo unhas pinceladas da Teoría da Relatividade explicada dunha forma "sinxela"



Velaí van, xunto cunhas preguntas para reflexionar na casa!! Respondede na libreta de Lengua Castellana e Lingua Galega!!


1. Debo estar dispuesto a renunciar a lo que soy con el fin de convertirse en lo que seré.

2.La medida de la inteligencia es la capacidad de cambiar.

Cal credes que era a idea que estaba detrás destas citas?

Cambiar un mesmo é positivo ou negativo? Por que? Pon dous exemplos: un no que cambiar sexa negativo e outro no que sexa positivo.

Por que considera que cambiar é de persoas intelixentes?

3.Hay una fuerza motriz más poderosa que el vapor, la electricidad y la energía atómica: la voluntad.

Que quere dicir que a vontade é o máis importante de todo? Por que credes que di Einstein que o máis importante é ter vontade de facer cousas?

4. Lo importante es no dejar de cuestionar. La curiosidad tiene su propia razón de existir.

É importante a curiosidade? A que nos axuda?

Formuládevos 3 porqués e buscade unha resposta para eles en Internet! Podédesme mandar os vosos descubrimentos ao correo :)




Sen máis, isto é todo por hoxe. 

Moito ánimo, forza e sempre con moito agarimo,
Clientmoji
Unha forte aperta,

O voso profe Sergio








Ningún comentario: