31/03/20

Rutina luns e martes 5º

Boa tarde!

Déixovos as dúas rútinas que tedes que facer para cada asignatura:


Mate: 

1) Cálculo mental durante 7 minutos máis ou menos https://www.cokitos.com/calculo-mental-rapido/play/

2) Atopar a maior cantidade de polígonos dentro da vosa casa... Nun minuto!! Podedes poñer en comentarios cantos conseguíchedes


Lingua Galega:


Hoxe imos ver unhas citas célebres de Virginia Woolf... Sabedes quen foi?


Virginia Woolf, una escritora atormentada

Virginia Woolf foi unha escritora inglesa famosa por promover o feminismo nas súas obras. Era novelista, ensaísta e escritora de contos dentro do movemento literario do século XX. Entre as súas obras máis famosas atópanse A señora Dalloway, Ao faro, Orlando: unha biografía, As ondas e Unha habitación propia. Sen dúbida, unha das grandes mentes do século pasado. Ademais. Tamén é coñecida polas súas frases soadas, que seguro que xa liches en máis dunha ocasión. Hoxe déixovos algunhas delas cunha pequena reflexión 😉


"Se non contas a túa propia verdade, non poderás contar a dos demais"
-Que pensades desta cita? Que credes que significa?
-É importante dicir a verdade? Por que?
-Cres que se podería vivir mentindo constamente? Por que?
-Cres que as persoas que din a verdade son máis felices? Por que?


Non hai barreira nin candado que lle poidas poñer á miña liberdade de pensar"

- Somos libres para pensar o que queiramos? Por que?

Durante a maior parte da historia, Anónimo era unha muller.

Que opinas desta cita? Estás de acordo? Por que?
-Coñeces algún caso non que algunha muller firmase como anónimo ou cun pseudónimo (outro nome)? Se non, busca alguna en Internet
- Por que cres que as mulleres non escribían o seu nome cando escribían un libro, unha novela ou unha obra de arte?


Isto é todo!!

Unha forte aperta,

Sergio

Bitmoji Image

Ningún comentario: