03/04/20

O voso diario


Unha actividade moi interesante para facer durante esta cuarentena é escribir un diario. Nel teredes a oportunidade de ir recollendo o que vos pareza máis significativo de cada día. Podedes reflexionar sobre diferentes preguntas, como por exemplo:

-Como me sinto?
-Que preocupación teño no pensamento?
-Que aprendín hoxe?
-Que música escoitei e me fixo sentir ben?
-A quen botei de menos hoxe especialmente e por que?
-Como se sente a miña familia?
-Que conversa interesante mantiven hoxe e con quen?
-Creei algo novo?

Estas son só algunhas preguntas de exemplo, pero non esquezades que se trata do voso diario: vós decidides aquilo sobre o que queirades escribir.

Moito ánimo!

Charo

Ningún comentario: