Ó longo das
últimas dúas semanas o alumnado de 5º estivo a traballar arreo sobre os textos instrutivos
na materia de Lingua Castelá. Este tipo de escrito dá as indicacións necesarias
ao receptor/a para levar a cabo unha acción concreta, ensinándolle así a facer
algo. Deben ser, polo tanto, textos moi clariños e concisos que se comprendan
fácilmente.
Tras unhas cantas
prácticas escritas na clase, decidimos comprobar se os textos instrutivos que fixemos
eran realmente funcionais, así que optamos por trasladalos á realidade mediante
a creación de videotitoriais. Traballamos en grupiños de aproximadamente 4
nenos/as, o que nos veu moi ben para practicar aspectos como a organización, a
empatía, a paciencia, a toma de decisións, a responsabilidade grupal e individual
e todo aquilo que abarca o traballo colaborativo.
Sen dúbida foi unha
tarefa motivadora para nós, e os resultados foron moi satisfactorios (e máis
tendo en conta o pouquiño tempo que tivemos para gravar e organizarnos). Así
que, como estamos ben orgullosos e orgullosas das nosas creacións, querémolas
compartir convosco neste pequeno espazo. A ver se hai algún/ha valente na sala
que se atreva a probar os nosos videotitoriais! Xa nos contaredes! ;)
Tortilla francesa 5º A (videotitorial) from bemilladoiro on Vimeo.
Squishy 5º A (videotitorial) from bemilladoiro on Vimeo.
Chocolate quente 5º A (videotitorial) from bemilladoiro on Vimeo.
Torta 5º A (videotitorial) from bemilladoiro on Vimeo.