29/10/21

6ºA_A LENDA DA MALPITLANTIDA

Dende 6ºA recollemos varias lendas tradicionais de Malpica para mesturalas e crear unha nova lenda... a lenda da Malpitlántida.

 Agardamos que a desfrutedes!


27/10/21

6ºB_Lendas de Malpica e Galicia 2.0

 Deixámosvos aquí as lendas de 6º B para que as desfrutedes. Optamos por recrealas dende un novo punto de vista. Agardamos que sexan do voso agrado. 

25/10/21

5º_A MEIRANDE COSTA DA MORTE DO MUNDO

Guiadas e guiados pola curiosidade e o misterio que nos produciron dende moi pequenas as pelexas continuas entre o Mar e a Terra, e querendo coñecer o porqué das tantas vítimas e naufraxios que inundan o noso territorio; as alumnas e os alumnos de 5º EP quixemos afondar na traxedia e na fatalidade que envolven á meirande costa da morte de todo o planeta.


22/10/21

Nós, patrimonio in - MATERIAL

Estreamos PDI, Nós, patrimonio in - MATERIAL.


Arredor do NOSO xirará a vida do centro nos vindeiros dous anos. 




As nenas e nenos de 6º EP, aproveitando que Radio Balea abría as súas portas para recibir este novo curso, achegámonos ata o estudo para elaborarmos un Millainforma.







Quixemos explicar que sabemos de Malpica e todo canto hai detrás da súa fonte, un lugar de encontro con moita historia...







Saber de onde veño para elixir cara onde vou...

20/10/21

ARRINCAMOS!

 

Impulsadas e impulsados pola identidade cultural de Malpica e de Bergantiños, e coa intención de facervos partícipes da vida do 3º ciclo de EP do CEIP Milladoiro, dámosvos a benvida e comezamos unha nova andaina escolar.

Durante este curso pretendemos afondar na nosa contorna máis próxima, experimentala e coñecela, e seguiremos medrando e compartindo.


Un gusto camiñar cando a vós!