Radio Balea

             NOVO SITIO PARA RADIO BALEA

   Preme na imaxe para acceder
Imaxe sitio Radio Balea


   Radio Balea, a radio nas ondas... Radio Balea, a nosa radio!

MILLAINFORMA I COLABORADORES DE RADIO 5ºB

Estreamos esta nova seción de Millainforma que levarán a cabo os colaboradores de radio do 5º curso de Primaria. Os locutores deste primeiro programa foron Iker, Icía e Germán, de 5º B, que nos contaron as novidades que nos depara este segundo trimestre, cargado de ilusión e moitas novidades. Estade ben atentos porque pronto haberá máis !!! 


Moi bo traballo Iker, Icía e Germán!! Parabéns



Nesta páxina podemos escoitar os programas da nosa Radio Balea feitos no 1º e este 2º trimestre; así como iremos publicando todos aqueles que poidamos ir CREANDO CON VÓS dende as nosas casas.

Queremos que Radio Balea sexa a nosa compañía todos estes días!

Dende a biblioteca publicouse en todos os blogues do Milladoiro unha proposta polo Día da Poesía, gravar unha poesía que vos guste e enviarnos o audio..

Animádevos a participar e...
crearemos un novo programa FEITO DENDE AS CASAS!



Programas Radio Balea: DENDE A CASA PARA O MUNDO!

Este apartado recollerá todos os programas que vaiamos realizando dende as nosas casas: alumnado, familias, profesorado...
Iremos dándovos propostas, como a publicada pola biblioteca polo Día da Poesía para que vos animedes a enviarnos audios e...GRAZAS a todos/as por facer que Radio Balea sega funcionando e nos acompañe dende o CEIP Milladoiro nas nosas casas!

Programa Millainforma 6º: Cartas de agradecemento
Este programa xurde para recoller a proposta de tarefa integrada (Lengua, Lingua e Sociais) que propuxo a profe Charo a súa titoría de 6º de E.P.
Unha cartas cheas de agradecementos a todos/as os/as que neste confinamento seguen a dar o mellor deles/as para todos/as NÓS.
Parabéns nenos/as de 6º e titora Charo, un produto final excelente!
Moitísimas grazas nenos/as e familias pola vosa participación.
Escoitade, con atención, as sentidas e fermosas cartas de agradecemento da aula de 6º.



Programa Festexamos: Día da Poesía 2020
Este programa xurde para recoller a proposta que fixemos dende a nosa Biblioteca Escolar polo Día da Poesía 2020.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración, unha fermosura de programas!
Nomeamos aos participantes deste podcast, pois non todos/as recordaron presentarse e aproveitamos para animar a quenes aínda non participaron, que o fagan! Editaremos outro podcast para encher a nosa Radio Balea de Poesía, integrando as nosas dúas linguas: galego e castelán.
Recordade presentarvos antes de comezar a recitar e...que medre a poesía dende as nosas casas para o mundo polas ondas de Radio Balea!
Os/as participantes neste programa son:
  • Celia, Lola, Damián e Marco García de 1º E.P.
  • África, Daniel, Natalia, Mara e Mónica de 2º E.P.
  • Lucas de 2º de E.P., Antía de 4º E.P. e os seus pais Ana e Benjamín.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!

ESCOITADE CON ATENCIÓN, EMOCIÓNS E SENTIMENTOS EN CADA RENGLÓN!




Segundo programa coas últimas audiopoesías recibidas de:  Carlos (1º), Gonzalo (2º) e Leticia (2º)
Animádevos a seguir participando e enviarnos as vosas audiopoesías, ampliaremos este segundo programa e estaremos encantados/as de facer un terceiro.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!


Programa Que me contas? Contos de Leo
Este programa nace para que nos entretamos escoitando contos de Leo, moitos contos...
Anímaste a enviarnos o teu conto? O único que pedimos é que sexa contado, non lido e non olvidedes dicir que libro é, autor/a e editorial.

30.4.2020
A profe Susana cóntanos As aventuras de osiño, esperemos que vos guste!
24.4.2020
O profe Óscar cóntanos Elmer, esperemos que vos guste!



15.4.2020
A profe Olga cóntanos Xan de Outeiro, esperemos que vos guste!


A profe Olga cóntanos Os tres bandidos, esperemos que vos guste!



14.4.2020
A profe Sandra cóntanos A cebra Camila, esperemos que vos guste!

A profe Marta cóntanos Os seis barbudos, esperemos que vos guste!




1.4.2020
A profe Susana cóntanos Pilú Pilú!, esperemos que vos guste!




31.3.2020
A profe Fátima cóntanos Crocodilo namorado, esperemos que vos guste!




27.3.2020
A profe Sandra cóntanos O coelliño branco, esperemos que vos guste!


A profe Marta cóntanos Chivos chivóns, esperemos que vos guste!





Programas do 1º e 2º trimestre 2019/20 - Laboratorio de Son

Ningún comentario: