02/05/24

FINAL INTERCOMARCAL DE BADMINTON SERRA DE OUTES

 O pasado martes 30 de abril celebrouse en Serra de Outes a final intercomarcal de badminton, na cal, o noso centro contaba con 8 representantes.

De 5º de Educación Primaria foron Celia e Bruno e de 6º de Educación Primaria Dani, David, Alex Liu, Gonzalo, Lucas e Martín. 

Nos dezaseisavos de final, pasaron Martín, Lucas e Gonzalo, os demáis perderon os seus respectivos partidos, polo que pasaron ao cadro dos repescados, chegando á final Álex Liu (conseguindo 3 victorias no seu haber) todos xogaron un mínimo de 2 partidos, sendo unha gran festa deportiva e de convivencia pois compartimos autobús e tamén estancia co CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

Foi unha viaxe longa, pero mereceu a pena, unha experiencia máis a través do deporte, onde aprenderemos a competir, a ser xustos cando actuaron de árbitros e a xestionar as victorias e as derrotas.

Este último evento cerra a temporada XOGADE no CEIP Milladoiro, esperamos que o alumnado o desfrutase e que o ano que ven, continúen desfrutando desta modalidade de participación deportiva.



Acceso á galería de imaxes clicando na seguinte:
👇

                                                        PARABÉNS CAMPIÓNS!!!

5ºEP_Cociñando... xeometría!

5ºEP_Aula de cociña

5ºEP_Aula de cociña
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos as nosas creacións culinarias tentando que fosen o máis xeométricas posibles (triángulos, cadrados, rectángulos...) e con ingredientes do máis saudable: salmón afumado, pan de molde, queixo crema, uvas e mandarinas.

O traballo en equipo presidiu a actividade: borrador de ideas tendo en conta os ingredientes dispoñibles e reparto de tarefas para a creación final. Creacións moi relacionadas co noso título do Plan Lector de aula: "Ula e Vinca. O feitizo de primavera" de María Brenn e editado por Antela.

Creacións que achegamos a continuación:

  • "O oso" do equipo 1 composto por Siro, Fran, Mara e Uxía P.

  • "A casa" do equipo 2 composto por Noela, Andrea, Uxía M. e Lola.

  • "Árbore rica, rica" do equipo 3 composto por Pablo, Marco U., Carlos e Leo.

  • "Cartoon cat" (gato de debuxos animados) do equipo 4 composto por Damián, Celia, Ainoa, Bruno e Salvador.

Creatividade en acción e... degustación final do máis deliciosa!