Amosando publicacións coa etiqueta mascota. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mascota. Amosar todas as publicacións

16/11/15

Rodrigo

Ola, son Rodrigo e querovos presentar ó meu can Peluche.         Peluche é un caniche marrón,ten os ollos negros e as orellas largas, o rabo pequeniño e o pelo moi rizo.Sempre xoga conmigo ó fútbol. É moi bonito e quero moito.

06/10/15

O can dos meus avós


Teño un can. Chámase Lin. É moi bo e algunhas veces deixa que lle acaricie.
É de raza palleira.  Gústanlle moito as galletas e o churrasco.
Está todo o día polo campo pero algunhas veces quere entrar dentro da casa e non lle deixan.

01/10/15

O meu can.





Son Olga,vivo en Malpica e teño dez anos.
Teño un can que se chama Ron, é de raza mastín. É moi bo e tamén moi xoguetón.
Querémolo moito eu máis meu irmán.
Vive en Ardeleiro pero non me importa porque moitas veces o fin de semana vou desde Malpica ata Ardeleiro  para xogar con el á pelota de noite.






A miña cadela Trufa

Chámome Yessica  e teño 10 anos .
A miña cadela chámase Trufa .É un pastor alemán. Ten os ollos marróns. A sua pelaxe  é de dúas cores: negro e area . Gústalle  moito ir á praia de Seiruga e nadar no mar. Cando veño da escola  véxoa coa pelota na boca e sempre xogo con ela. Non lle gustan os gatos . Estoulle ensinando a dar a pata  e a sentarse .
                      ¡¡¡ É moi lista !!!