Amosando publicacións coa etiqueta radiobalea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radiobalea. Amosar todas as publicacións

26/03/25

PARTICIPACIÓN NO MARATÓN RADIOFÓNICO POLO 30º ANIVERSARIO DE PONTE NAS ONDAS. VIMIANZO.

O pasado mércores 26 de marzo celebrouse en Vimianzo o maratón radiofónico dende distintos puntos de Galicia e Portugal de radio escolares para conmemorar o 30º aniversario de Ponte nas Ondas. O alumnado de 5º de educación primaria viaxou ata a capital de Terras de Soneira para facer a súa particular homenaxe ao patrimonio inmaterial, neste caso, as pandereteiras e cantareiras. Houbo entrevistas e actuación en directo.

Xunto co alumnado, desprazáronse ata a casa da cultura de Vimianzo Tania Doldán e Belén Rodríguez da asociación Malante, José Suárez Garrido, vicepresidente da asociación Raigañas e Silvia Mato e María Haz da asociación Carcaxía.

O alumnado fixo a súa actuación en directo no cal explicaron o traballo desenvolvido nas últimas semanas coas asociación culturais relativo a poesía popular oral.
Moitas grazas a Ponte nas Ondas e parabéns por ese 30 º aniversario así como agradecer as representantes das distintas asociacións pola colaboración.



       acceso á galería de imaxes picando nas de enriba ☝                                   

Ligazón á actuación a partir das 2 horas 17 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=x-GgE8WtMgc

Notas de prensa:

Radio:

07/02/24

ENTREVISTA A SUSO DO BECHO (¨ Xogo das vacas¨) - Barizo e Mens -

 Este martes 6 de febreiro recibimos en Radio Balea a visita de Suso, neto de Jesús do Becho, gran dinamizador e participador activo do ¨Xogo das Vacas¨ cando antigamente aínda se facían estas recreacións e paradoias en Mens ou Barizo como forma de festexar o entroido.

Suso é membro da comunidade educativa do centro, xa que é o pai dunha alumna de 1º de Educación Primaria.

A entrevista permitiunos coñecer mellor en qué consistía o ¨ Xogo das vacas¨ e como a retranca, as chanzas e os dobres sentidos eran fundamentais, pois esas escenas eran produto da improvisación, da picardía, da rapidez de resposta e da axilidade mental dos participantes.

Un dos papeis protagonistas era ¨A Chamadora¨ que era o que protagonizaba Jesús do Becho, avó de Suso nos tempos nos que aínda se facían estas representacións. Outros  personaxes que tamén interviñan eran as vacas, o arador, o sementador, o veterinario ou o comprador das vacas.

Moitas grazas pola túa colaboración Suso, e por achegarnos as túas lembranzas!!!

Para acceder a galería de imaxes, clicar na seguinte:



             Con esta entrevista finalizamos esta rolda de visitas a Radio Balea co gallo do Día Mundial da Radio, e que mellor maneira de cerralo que compartindo  unha imaxe de Jesús do Becho, ca cara maquillada de azafrán, caracterizado para a ocasión e camiñando diante das vacas  en plena ¨faena¨ nunha escena deste singular, orixinal e festivo Xogo das vacas.

30/03/22

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


PODCAST DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 

Para conmemorar o día internacional da muller, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria entrevistaron as mulleres traballadoras das súas familias. Entre as distintas entrevistas que fixeron, elexiron a entrevista a Tera, a avoa de Daniela sobre a cal xira este podcast. 

Tera traballou nun oficio tradicional como é o de peixeira durante 30 anos na lonxa de Malpica, un oficio ben coñecido no pobo e que nos explica neste entrevista  na que Daniela ponlle voz, reproducindo as respostas que amabelmente lle deu a súa avoa, dende aquí o noso agradecemento.

Tamén compartimos unha interesante entrevista en formato vídeo que Pablo lle fixo a súa avoa María Visitación, moitas grazas pola colaboración!!!

Esperamos que vos guste.