27/10/26

CLÁSICOS DO MES. AS VIAXES DE GULLIVER

 Co gallo da iniciativa que parte da nosa biblioteca escolar relativa ás lecturas clásicas, este mes de outubro o alumnado do 3º ciclo traballou sobre o clásico de Jonathan Swift ¨As viaxes de Gulliver ¨.

O alumnado de 5º e 6º de primaria leron este mítico libro e realizaron cadanseu produto final a través de dous podcast.

O alumnado de 5º decantouse sobre a moralexa que lles deixou e algúns datos interesantes sobre o escritor e o libro.

Por contra, o alumnado de 6º de primaria dalle á volta a este clásico; onde os personaxes principais son os liliputenses que naufragan nun lugar onde habitan seres enormes... non deixedes de escoitalos que merecen moito a pena!

➔PODCAST 6º A viaxe dos liliputenses

     ➜PODCAST 5º A viaxe de Gulliver


Esta iniciativa encádrase dentro das actividades do PDI Marabillarte 2025-2027

10/10/26

SAÍDA ECOMUSEO FORNO DO FORTE EN BUÑO

O pasado martes 6 de outubro o alumnado do terceiro ciclo de educación primaria visitou o Ecomuseo Forno do Forte de Buño, no cal, a guía Lola, amosou as distintas dependencias, curiosidades e anécdotas deste xenial e recomendable museo. 

Os nenos e nenas visitaron as dependencias onde vivían antigamente os oleiros, Lola explicou como era o seu día a día e puideron ver algunhas das pezas de artesanía que se facían.

Posteriormente ensinounos o forno; contounos como funcionaba e rematamos a saída con Toño, oleiro, que elaborou un obradoiro de modelado no cal o alumnado elaborou cadansúa figuriña de arxila.

Quedamos encantados con esta vista que nos queda aquí ao lado!! 

Esta actividade encádrase dentro das actividades que conforman o PDI Marabillarte.

acceso á galería de imaxes picando na de enriba 👆


24/04/26

Lectura e merenda saudable na rúa!

O venres 24 de Abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade lectura e merenda saudable na rúa. Aproveitando a boa mañá baixamos ao paseo da praia para practicar a lectura e para merendar. A merenda elaborámola todos xuntos na cociña do centro e consistiu nunhas brochetas de froita (plátano, fresa, uva e mandarina) e tamén fixemos sandwich mixto para todos/as. 


Unha vez remata esta parte da actividade, aproveitamos para dar un paseo polo pobo fomentando deste xeito tamén o movemento e a actividade física. 


A continuación, deixámosvos o enlace coas fotos da actividade! 


                                                  (Preme na imaxe para ver as fotos)




12/02/26

5º_Día Mundial da Radio 2026

Celebramos o Día Mundial da Radio cun programa moi especial en relación co noso PDI "Marabillarte".

O alumnado de 5º de primaria dá voz a diversos/as personalidades das artes galegas.

Esperemos que vos guste e feliz Día da Radio.

22/10/25

Visita RTVG

 VISITA RTVG


O alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder visitar as instalacións da RTVG, xa que o CEIP Milladoiro foi o gañador do VII podcast de Radio na biblio no curso 2024-2025.





18/06/25

PREMIO POLO VII PREMIO DE PODCASTS O VELLO DOS CONTOS

 O alumnado de 5º de Primaria está de parabéns xa que foi gañador do primeiro premio de categoría educación primaria polo VII premio de podcasts escolares ¨O vello dos contos¨. Hoxe recibiron o premio consistente nun lote de libros e xogos, un diploma acreditativo para o centro e unha escultura dunha pandereteira realizada polo alumnado do Easd Mestre Mateo de Santiago. Agradecer a Arraianos Producións  a organizacións deste certame.

Parabéns rapazada!!! agora a desfrutar dos agasallos!!


Nota de prensa: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/013411/los-colegios-maestro-valverde-mayo-milladoiro-los-institutos-foz-alexandre-boveda

13/06/25

6ºEP_ Booktráilers

 O alumnado de 6º de primaria, na área de Valores, realizou por equipos booktráilers de libros da biblio.

Os booktráilers son pequenos vídeos para promocionar a compra ou lectura dun libro.


Noraboa polo voso traballo, rapazas/es! Desfrutade do verán!


04/06/25

ENTREVISTA RADIO GALEGA A LEO COUSILLAS E CANDELA LEMA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Malpica foi o epicentro da celebración do Día das Letras Galegas neste ano 2025. Este día festivo estivo adicado á poesía popular oral personificada nas Pandereteiras de Mens, Adolfina e Rosa Casás e a Eva Castiñeiras, pandereteiras e cantareiras todas elas.

Como gañadores do VII concurso de podcast radio na biblio, fomos convidados por Radio Galega no programa especial realizado en directo indo como representantes da clase de 5º de educación primaria Leo Cousillas e Candela Rama.



Deixamos o corte de entrevista nesta nova experiencia relacionada coa radio!!
https://www.agalegaaudio.gal/videos/detail/249451-clip_zhoraenhora_11-17-05-2025-_to_mp3