Amosando publicacións coa etiqueta nós. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nós. Amosar todas as publicacións

12/09/11

5ºA: Comezamos!!!

Estes somos nós: a clase de 5ºA. Durante este curso e o que ven usaremos este espazo web para aprender, para traballar, para divertirnos... Na foto falta un compañeiro: seremos 14.
Nos vindeiros días iremos presentándonos un a un.
Desexamos que, a pesares de que o curso comeza con tres profes menos no noso cole, poidamos seguir aprendendo como fixemos ate agora.
COMEZAMOS!!!

06/10/10

Presentación

Estes somos nós. En realidade falta Brandon porque aínda se incorporou estes días ó noso grupo.
Ó longo deste curso irédesnos coñecendo máis a través dos nosos traballos.
Todos queremos aprobar e marchar para o Instituto. Conseguirémolo?

18/09/09

Comeza o curso


Vexo que onte Leo xa andivo ós contos. Paréceme ben, a verdá é que eu rin a cachón coa frase de Fani.

Deixámos, para os amigos e amigas de fóra, unha foto de como estamos este curso. Comparade esta foto coa do inicio do curso pasado. ¿A que medraron moito estes nenos e nenas?

Xa case están listos para marchar ó Instituto. Só falta percorrer o camiño deste curso que esperamos que nos faga (ademáis de máis altos/as e guapos/as) máis sabios/as e máis cultos/as.

Eu, persoalmente, quero que fagamos unha excelente travesía.