Co gallo da iniciativa que parte da nosa biblioteca escolar relativa ás lecturas clásicas, este mes de outubro o alumnado do 3º ciclo traballou sobre o clásico de Jonathan Swift ¨As viaxes de Gulliver ¨.
O alumnado de 5º e 6º de primaria leron este mítico libro e realizaron cadanseu produto final a través de dous podcast.
O alumnado de 5º decantouse sobre a moralexa que lles deixou e algúns datos interesantes sobre o escritor e o libro.
Por contra, o alumnado de 6º de primaria dalle á volta a este clásico; onde os personaxes principais son os liliputenses que naufragan nun lugar onde habitan seres enormes... non deixedes de escoitalos que merecen moito a pena!
➔PODCAST 6º A viaxe dos liliputenses
➜PODCAST 5º A viaxe de Gulliver
Esta iniciativa encádrase dentro das actividades do PDI Marabillarte 2025-2027

