De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
25/05/12
A voltas coa Prehistoria
Xa sei que o tema está estudado, pero hoxe chéganme estes videos e decidín ofrecérvolos para compensar aquela historia fea, fea, desa empresa (Explora Films) que non nos permitiu ver o que eles fixeran (O legado celta). Nin aínda explicandolles que tiña un uso escolar. Por certo: aínda segue colgado en Youtube, así que...¡non entendemos nada!
23/05/12
22/05/12
¡Que remexo!
O martes, os compañeiros e compañeiras de 6º contáronnos un conto que escribiu Nico : unha preciosa hoistoria inventada por el na que participan, misturándose, personaxes de varios contos: o lobo, o flautista, a avoa, Carapuchiña... Mirade as cariñas dos pequenos ¡ben atentos!
Poderemos disfrutar da versión impresa do conto de Nico cando teñamos o libro encadernado. Mentres...ide mirando as fotos!
Semana dos Contos
Anque xa foi o luns 14, non houbo tempo de poñervos estas imaxes aquí.
Primeiro, Marín, Diego e Uxía fixeron unha marabillosa narración do conto que entre toso escribimos e ilustramos: a nosa Cincenta, contada coa técnica do kamishibai. O caso é que como nos sairon moitas imaxes, non puidemos usar o teatriño propio desta técnica pero... foi unha excelente lectura! Que ninguén pense que é doado ler mantendo a atención de 180 nenos e nenas. E fixéchedelo!
Despois, Nerea, Nuria, Eva, Manuel, Noelia, Santi, Diego García e Pedro contáronos o conto dos 3 porquiños na versión de Roald Dahl, a que está incluída no libro Cuentos en verso para niños perversos. Risas a cachón e unhas interpretacións excelentes.
No hipervínculo do título do conto tendes o texto e o enlace ás fotos AQUÍ
18/05/12
Homenaxe a Rosalía
Velaí o poema de Rosalía: XAN (Follas Novas, 1880) recitado polos nenos e nenas de 5ºA.
Hoxe foi unha xornada festiva.
Canto traballiño vos dou, ¿verdade? Pero, xa se sabe que: quen algo quere...
Os meus parabéns por esta magnífica lectura tan expresiva.
Será a nosa aportación ao proxecto "Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas"
11/05/12
Animais raros, raros
Publish at Calaméo or browse others.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)