Boas
Adxuntamos un documento para que poidades practicar xogos de mindfulness na casa cos vosos nenos/as.
https://drive.google.com/file/d/1apx9dwzgKOmEX8MGYhl8-YWp_7xtUvdp/view?usp=sharing
Guía para o acompañamento emocional na infancia durante o confinamento.
Traballar coas emocións!
https://aulasgalegas.org/educacion-emocional-na-casa/
Ola familias!
Sabemos que estades atravesando situacións
extraordinarias e difíciles nestas semanas de confinamento, o que supoñen para
todos nós (alumnado, familias e profesorado) un esforzo enorme de aprendizaxe e
tamén de adaptación.
Sabemos que os nosos nenos e nenas son unha fonte de
enerxía renovable, que non se esgotan, e que a súa capacidade de rexeneración é
infinita… mais por mor da situación que estamos a vivir ás veces poden
experimentar emocións negativas tales como a frustración, ansiedade, incerteza,
pena por non poder ver ós seus compañeiros/as, xenreira, enfado,…
Por iso desde o Departamento de Orientación queremos
ofrecervos un enderezo electrónico para poñernos á vosa disposición cando se
vos presenten dificultades, ou tamén para que nos contedes todo o bo que
estades aprendendo desta situación.
Animádesvos?
Podedes enviarnos os vosos debuxos sobre o que
sentides, unha redacción de como vos atopades durante o confinamento, unha foto
coas actividades que facedes, un vídeo explicativo,… o que vos queirades e
consideredes mellor!
O enderezo electrónico que se empregará para tal fin
é o seguinte: alumnadomilladoiro@gmail.com
Por suposto, tamén estamos á disposición de todas as
nais e país para tentar resolver todas as dúbidas que se lles presenten así
como axudalos e asesoralos da mellor maneira posible.
Sabemos que sempre é necesaria a colaboración entre
a familia e a escola, sendo nestes momentos imprescindible tender canles de
unión tendo ámbalas dúas vertentes un destino común: o benestar psicolóxico e
emocional do noso alumnado.
E tendo sempre presente que todos unidos, o
coronavirus será vencido!
Atentamente,
Jonathan Guardado Gesto, mestre especialista en
Pedagoxía Terapéutica
Vanessa M. Montes Garrido, mestra especialista en
Audición e Linguaxe
Sheila Rodríguez Trigo, orientadora
Ana Seoane Cives, mestra especialista de Pedagoxía
Terapéutica
1 comentario:
Muchas gracias por todo lo enviado,lo vamos viendo poco apoco!Me parece muy interesante.
Saludos.Silvia Granados.
Publicar un comentario