De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
26/03/25
PARTICIPACIÓN NO MARATÓN RADIOFÓNICO POLO 30º ANIVERSARIO DE PONTE NAS ONDAS. VIMIANZO.
26/02/25
6º de primaria di non ao acoso escolar!
O alumnado de 6º de primaria estivo, durante varias semanas, traballando na creación das súas propias curtometraxes para loitar contra o acoso escolar.
O alumnado organizouse en pequenos equipos, realizando as tarefas de elaboración, corrección e reelaboración do guion; ensaio e actuación final na gravación da curta. Noraboa polo voso traballo!
Esperamos que vos guste!
31/01/25
6ºEP_Bailando pola Paz
BAILANDO POLA PAZ
O curso de 6ª de EP propuxemos un reto ao curso 6ª de EP do CEIP Alborada: tiñamos que escoller unha canción coñecida por todos/as e modificar a súa letra, transformándoa nunha canción que trate sobre a paz. O resultado do noso traballo e esforzo podedes velo a continuación, onde a parte de mentalizarnos sobre a importancia de que todos e todas teñamos unha boa convivencia, pasamos un rato súper divertido!!
30/01/25
5ºEP_Reto pola Paz
Para
conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz os alumnos e alumnas de 5º de
Educación Primaria do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños realizaron unha
actividade conxuntamente coa clase de 5º de Educación Primaria do CPI Alcalde
Xosé Pichel do concello de Coristanco.
A actividade consistiu na elaboración dunhas pulseiras nas que o alumnado tivo que escribir unha palabra relacionada coa paz e a non violencia, así como a súa posterior decoración. Unha vez elaboradas, tanto polo alumnado de Malpica como polo de Coristanco, procedeuse ao intercambio das mesmas.
A maiores, tamén realizaron unha actividade na cal tiveron que pensar, por grupos, en situacións nas que se fomenta a paz no día a día e en cales se fomenta todo o contrario. Unha vez que cada grupo recolleu diferentes ideas para ambas situacións, fixeron un debate-diálogo en gran grupo do cal saíu o produto final que poden observar nas fotografías enlazadas, premendo na imaxe.




