Con motivo do Día da paz, 30 de xaneiro, conmemoramos a Manuel Verdes, cidadán malpicán que emigrou nos 60 a Perú, en busca dunha vida mellor.
Rendémoslle homenaxe facendo un fotocómic cos momentos máis destacados da súa vida. Desfrutádea!
De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
Con motivo do Día da paz, 30 de xaneiro, conmemoramos a Manuel Verdes, cidadán malpicán que emigrou nos 60 a Perú, en busca dunha vida mellor.
Rendémoslle homenaxe facendo un fotocómic cos momentos máis destacados da súa vida. Desfrutádea!
Máis vale tarde... 😊
Esa foi a primeira idea na que cavilamos ao abordar a elaboración deste primeiro número.
Sendo conscientes dunha certa desconexión da actividade informativa, pola nosa parte, durante o 1º Trimestre; as rapazas e os rapaces da aula de 5º de EP do CEIP Milladoiro, decidimos virar o rumbo xornalístico e emprender unha nova aventura que agardamos sexa do voso agrado.
O caderno de bitácora será, dende hoxe, o voceiro que ha transmitir os acontecementos e as realidades que nos vaian sucedendo ao longo do que nos resta de curso.
Nesta primeira aparición e como resumo do trimestre que vén de rematar, achegamos unhas fotografías dalgunhas das actividades que levamos a cabo:
- Laboratorio científico
APRENDE PRIMEIROS AUXILIOS CON SEXTO!
Se queres ser un auténtico experto en primeiros auxilios, acomódate e toma nota, porque a partir de agora ningún accidente será un reto para ti. APRENDE PRIMEIROS AUXILIOS CON SEXTO!!
Estás no parque e un amigo comeza a sangrar polo nariz e non sabes que facer? A tua amiga córtase e non sabes como arranxalo? Non te preocupes porque con este video, non volverás a ter esa sensación!!
O pasado 20 de decembro o alumnado de 6º E.P. recibiu un taller de formación sobre "Procesos e formas na cidade. Morfoloxía da nosa vila e a súa percepción" dentro do Proxecto Terra que solicitamos para este curso. Traballaron os diferentes compoñentes da nosa vila e a percepción do espazo urbano en base a percepción da súa forma según Kevin Lynch. Posteriormente por grupos crearon unha maqueta esquemática de Malpica de Bergantiños. Podedes ver todas as fotos da xornada no seguinte enlace: Sementeiras.