Amosando publicacións coa etiqueta mascotas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mascotas. Amosar todas as publicacións

14/10/15

A miña gata

 Ola chamome Javier e vouvos falar da miña gata.
A   miña gata naceu en Laxe.
Déronma cando acabou de mamar e ten nove meses. Cumple o seis de xaneiro un ano.
Gústame moito estar con ela e xogar.
Seu pai é de raza persa

02/10/15

O meu amigo Lucas

Chámome Fran teño 11 anos. O meu can chámase Lucas.
É un can moi perquiceiro é moi mimoso. Pása todo o dia na cama ou no sofá. Non lle gusta nada a auga.
Cada vez que ve un gato vai atrás del. Gústalle moito pasear por Malpica. Dalle molestia cando lle tocan o nariz.

01/10/15

O meu can Lucas


Eu chámome Noemi e teño un can que se chama Lucas é moi bonito. É negro con manchas brancas pero non e un dàlmata é unha raza como o yorkshire. É pequeniño anque xa ten 6 anos. Salta moi alto e come moitisimo. È un lambón e cando xogas con el á pelota non cha quere devolver.
É moi atravesado pero o queroo moitísimo!

30/09/15

Fabián



Eu son Fabian e teño 10 anos.
Teño un cadela que se chama Luna e vive en Pazos.
Gústalle coller os zapatos e mordelos.
Tamén xoga ao fútbol.
É de cor  negra e branca. Gústelle comer bistés de vaca.
Sempre está correndo polo campo.


05/12/13

A miña cadela


Chámome Aida Veiga e teño 10 anos.
A miña cadela é de raza yorkshire terriere e chamase Piruleta
Gústalle morder os zapatos e a roupa. É marrón con negro, tamén é moi larpeira. Gústame xogar moito con ela porque ela é moi xoguetona.

cachorro pastor



Son Eva Martìnez Garcìa  teño 11 anos e son de Seaia (Malpica de Bergantiños) .Teño unha cadela  que se chama Luna, é de raza  pastor labrador
Cando era un cachorro  trouxemos  a segunda cadela que se chama  Linda. Despois de que viñera Linda,  Luna poñiase moi nerviosa ata que se afixo.

02/12/13

Os gatos Luna,Perlita e Máster.

Chámome  Luis Manuel Ferreiro Loureiro vivo en Malpica de Bergantiños.
                                                                                  
Tiña tres gatos, que se chamaban Luna , Perlita e Máster. Son gatos siameses.

A súa nai chamase Brea.
Vivian na casa de miña avoa en Seaia. Alí pasábano xenial.

Cando me vian chégar estaban na cancela e poñíanse moi contentos de verme.
Pero cando sabián comer, beber e andar tivémolos que regalar.

                           uoises

Os meus periquitos



Chámome Jorge Arcay, teño 10 anos e teño 5 periquitos: 3 amarelos, 1 verde e 1 azul. Un dos amarelos é lutino. As femias chámanse: Nani, Lola  e Pituca . Os machos chámanse: Nolito e Coco.

Comen: galletas, follas de leituga, pan, froitas, cenorias e comida especial para eles.

A min gústame coller a Pituca, Nolito e Coco  porque son os mais mansos. A Pituca e a Nolito ensineilles a facer o morto.

A Lola é moi mala porque non para de poñer  ovos e sacar pitos que nós regalamos.
Se lle poño unha folla de leituga mollada báñanse nela e dame moita risa.

o meu pastor alemán

Chamome Eloy Santos teño 10 anos e vivo en Mens.
Teño unha cadela de raza pastor alemán chamada Zelda.
Tan só ten dous meses e sempre me esta mordendo os pantalóns.
Ten os ollos marróns e a pelaxe de cor negro - fuego.
Gústalle correr detras dos meus tres gat@s: Luisma, Lucas e Perdida.
 Sempre que veño do cole ao mediodia  xogo con ela é cepilloa.

28/11/13

As miñas ninfas

Chámome Jorge Arcay, teño 10 anos e teño dúas ninfas. A amarela chámase Boliña e é macho
e a gris chámase Pumuki e é femia.
Boliña é moi manso coa miña irmá Mónica.
A Pumuki gústalle  moito voar e non se deixa coller.
Comen: galletas, leituga, mazá, brócoli, gusanitos, pipas e comida especial para elas.
Ás veces bañanse na piscina.
A min gústame moito collelas e tocalas porque son moi suaves e tamén me gusta perseguilas.

Os meus cans

Chámome Carla Varela e  teño 10 anos. Teño o pelo marrón moi escuro e os ollos marróns. Vivo en Malpica. 

 Estes son os meus cans : Pitufo e Niebla . Niebla é una cadela moi xoguetona. Gústalle moito que lle rasquen a barriga. Ten o pelo branco con manchas marróns. Tróuxoma o meu avó dunha casa de Beo, porque atropelaran a outra cadela moi querida por nós que tiñamos antes: Luzy.

Pitufo é un can moi bruto e dormitón .Gústalle que lle rasquen a testa e o fuciño. Ten o corpo marrón e a barriga branca. Dóunolo  unha señora veciña de Mens.
Ámbolosdous viven en Mens , na casa dos meus avós. Cada vez que imos a Mens, Pitufo e Niebla comezan a darlle ao rabo e póñense moi contentos ao vernos a min e a miña  irmá  Fátima.

27/11/13

O meu can Manchitas



Chámome Natalia, teño 10 anos.
Este é meu can Manchitas.

A Manchitas gústalle moito ir de paseo.
É de cor negra, ten as patas
 por abaixo de cor balncas é ten como
 unnha corbata branca na barriga.
Vive na casa dos meus avós en Coristanco.

Manchitas tamen é cariñoso.
Trouxomo miña nai de Pontella, por que
nós tiñamos outro can que se chámaba Sol,
pero atropelárono.






Pumba,beagle



Chámome Yaiza e teño 10 anos. O meu  cabelo é longo, castaño e liso.

Gústanme moito os cans e os gatos.
Teño un can chamado Pumba que é un cruce de cocker con beagle. Collémolo da perreira cando tiña apenas dúas semanas.

O mes que estivo na nosa casa pola noite sempre choraba e tíñamos que ir darlle un abrazo.

Aos 3 meses levámolo  para Asalo que é onde viven os meus tíos e cando chegamos alí el non paraba de perseguirnos.

22/11/13

Pipo, Can de Palleiro

Son Andrea, teño 10 anos, son de Mens e teño un cachorro chamado Pipo da raza Can de Palleiro ao que lle gusta moito xogar á pelota e morderme os zapatos. Sempre anda correndo pola casa e meténdose no caseto da lavadora para deitarse enriba da roupa sen lavar.

Cando llo regalaron a miña irmá tiven que facerme eu cargo del porque ela trallaba tódolos días en Carballo.


Coidar del é moi divertido xogo tódolos días con el e pásoo moi ben sobre todo cando se sube a min e se senta no meu ombreiro, as veces queda durmido enriba del.