Son Andrea, teño 10 anos, son de Mens e teño un cachorro chamado
Pipo da raza Can de Palleiro ao que lle gusta moito xogar á pelota e morderme
os zapatos. Sempre anda correndo pola casa e meténdose no caseto da lavadora
para deitarse enriba da roupa sen lavar.
Cando llo regalaron a miña irmá tiven que facerme eu
cargo del porque ela trallaba tódolos días en Carballo.
Coidar del é moi divertido xogo tódolos días con el e pásoo moi ben sobre todo cando se sube a min e se senta no meu ombreiro, as veces
queda durmido enriba del.
Ningún comentario:
Publicar un comentario