Mirade que letra tan moderna para un poema que foi escrito por Rosalía de Castro e publicada en Follas Novas (1880). Nela, Rosalía emprega un finísimo humor que case é sarcasmo para esplicarnos como era a vida da muller e a do home na sociedade rural. ¿A que non cambiou tanto, salvando as distancias?
Deixovos tamén a letra para que vaiades ensaiando:
De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
Amosando publicacións coa etiqueta poesia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesia b>. Amosar todas as publicacións
27/02/12
11/04/11
La vaca estudiosa
Voz: Rosa León
Poema: María Elena Walsh
Podes ver o poema AQUÍ
Hai uns días que andamos coa poesía entre as mans.
Hoxe pasámolo moi ben analizando esta da autora arxentina.
Nós dixemos que fala sobre a diferencia e sobre aqueles que perden o tempo en poñelas de relevo e facelas visibles en lugar de centrarse no seu traballo e seguir aprendendo e camiñando.
A boa literatura... é o que ten: que canto máis escarvas, novos significados vas topando.
10/02/11
Regueifa de AMOR e DESAMOR
Este é o caderno coas coplillas que imos recitar o vindeiro mércores para todo o cole.
Tamén o podedes descargar.
30/06/10
Palabras para...VOS
Este foi o último agasallo: as Palabras para Julia de José Agustín Goytisolo.
Espero de verdade que este fermoso poema vos acompañe sempre que o precisedes.
A versión de Paco Ibañez acompañou (e acompaña) á miña xeración.
Para vós escollín esta máis moderna de Los Suaves. Pero...o poema é o poema. E non perde actualidade.
A vida é longa.
Sorte, xustiza e Bicos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)