27/10/26

CLÁSICOS DO MES. AS VIAXES DE GULLIVER

 Co gallo da iniciativa que parte da nosa biblioteca escolar relativa ás lecturas clásicas, este mes de outubro o alumnado do 3º ciclo traballou sobre o clásico de Jonathan Swift ¨As viaxes de Gulliver ¨.

O alumnado de 5º e 6º de primaria leron este mítico libro e realizaron cadanseu produto final a través de dous podcast.

O alumnado de 5º decantouse sobre a moralexa que lles deixou e algúns datos interesantes sobre o escritor e o libro.

Por contra, o alumnado de 6º de primaria dalle á volta a este clásico; onde os personaxes principais son os liliputenses que naufragan nun lugar onde habitan seres enormes... non deixedes de escoitalos que merecen moito a pena!

➔PODCAST 6º A viaxe dos liliputenses

     ➜PODCAST 5º A viaxe de Gulliver


Esta iniciativa encádrase dentro das actividades do PDI Marabillarte 2025-2027

10/10/26

SAÍDA ECOMUSEO FORNO DO FORTE EN BUÑO

O pasado martes 6 de outubro o alumnado do terceiro ciclo de educación primaria visitou o Ecomuseo Forno do Forte de Buño, no cal, a guía Lola, amosou as distintas dependencias, curiosidades e anécdotas deste xenial e recomendable museo. 

Os nenos e nenas visitaron as dependencias onde vivían antigamente os oleiros, Lola explicou como era o seu día a día e puideron ver algunhas das pezas de artesanía que se facían.

Posteriormente ensinounos o forno; contounos como funcionaba e rematamos a saída con Toño, oleiro, que elaborou un obradoiro de modelado no cal o alumnado elaborou cadansúa figuriña de arxila.

Quedamos encantados con esta vista que nos queda aquí ao lado!! 

Esta actividade encádrase dentro das actividades que conforman o PDI Marabillarte.

acceso á galería de imaxes picando na de enriba 👆


24/04/26

Lectura e merenda saudable na rúa!

O venres 24 de Abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade lectura e merenda saudable na rúa. Aproveitando a boa mañá baixamos ao paseo da praia para practicar a lectura e para merendar. A merenda elaborámola todos xuntos na cociña do centro e consistiu nunhas brochetas de froita (plátano, fresa, uva e mandarina) e tamén fixemos sandwich mixto para todos/as. 


Unha vez remata esta parte da actividade, aproveitamos para dar un paseo polo pobo fomentando deste xeito tamén o movemento e a actividade física. 


A continuación, deixámosvos o enlace coas fotos da actividade! 


                                                  (Preme na imaxe para ver as fotos)




12/02/26

5º_Día Mundial da Radio 2026

Celebramos o Día Mundial da Radio cun programa moi especial en relación co noso PDI "Marabillarte".

O alumnado de 5º de primaria dá voz a diversos/as personalidades das artes galegas.

Esperemos que vos guste e feliz Día da Radio.