20/12/23

5ºEP_Postal de Nadal

Presentamos a postal dixital que deseñamos para remitir ao Centro de Educación Especial Santa María de Lugo. Unha postal que Leo, a nosa serea lectora, nos animou a crear para felicitar a outras comunidades: Nadal, tempo para comunicar!

A resposta da comunidade do CEE Santa María non se fixo esperar e fíxonos moitísima ilusión recibir a súa cariñosa vídeo-postal, encantounos!

Só nos queda desexarvos... 

BO NADAL E FELIZ 2024!

18/12/23

ENTREVISTA A LARA, MARA PÉREZ e NOELA, convocadas pola selección Galega e a selección da Costa da Morte

Entrevista dende a iniciativa dos biblioaxudantes de 5º na Radio a Lara e Mara Pérez convocadas pola selección galega de fútbol- sala e a Noela, porteira de 5º de Educación Primaria, convocada pola selección de fútbol feminino da Costa da Morte.

Sorte chicas!!!!

16/12/23

6ºEP_POSTAL DE NADAL

 Co gallo da festividade de Nadal, cada aula do centro elaborou unha postal de Nadal para unha asociación ou colectivo. O alumnado de 6º elexiu a asociación ASPANAES para enviar a postal creada. 

ASPANES é unha entidade non lucrativa de acción social que traballan para apoiar ás persoas con TEA e as súas familias, creando oportunidades para mellorar a súa calidade de vida. 

A postal contén o debuxo de Alexis, alumno de 6º de E.P. e gañador este ano do concurso de debuxos de Nadal organizado polo concello. Parabéns Alexis!!

 A mestra Uxía encargouse de levala a asociación e foi recibida con moita cordialidade e gratitude, ensinándolle as instalacións do centro e a boa labor que levan a cabo.



Os nenos e nenas de ASPANAES mandáronnos de volta unha felicitación  por medio dun fermoso vídeo, dende aquí o noso recoñecemento a súa gran labor e o noso agradecemento pola resposta.



Compartimos vídeo da elaboración da postal na que participou todo o alumnado da clase.

BO NADAL E FELICES FESTAS!!













05/12/23

5ºEP_AS NOSAS LETRAS!: Marilar Aleixandre

AS NOSAS LETRAS! Marilar Aleixandre

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 1º trimestre a exposición AS NOSAS LETRAS! volveu presidir o corredor do 1º andar coa finalidade de divulgar, dar a coñecer, valorar á poeta, narradora, profesora e académica...

MARILAR ALEIXANDRE

O alumnado de 5º de primaria conta no seu intinerario lector cun título da escritora, Nogard, que foi reeditado no ano 2022 mais a súa primeira publicación data de 1994. Unha xoia literaria nas mans d@s nen@s de 5º, que xa pasa a formar parte da súa biblioteca persoal.

No álbum de fotos recóllese o traballo do grupo-aula ao redor da vida e obra de Marilar Aleixandre, para pór cara á autora do libro e coñecela un pouco máis.

Ao tempo, premendo na seguinte imaxe accederedes á experimentación, ao xogo do grupo ao redor de Nogard na aula de cociña: unha experiencia lectora lúdica e creativa.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continuará...

01/12/23

Obradoiro de cociña (6º Educación Primaria)

 Ao longo de dúas xornadas lectivas todos os grupos-aula pasaron polos obradoiros de cociña sostible impartidos por María Navarro. María é graduada no ciclo superior de Dirección de Cociña e gusta de divulgar a cociña sostible, vexetal, sen residuos e de tempada, o que a levou a deseñar estes obradoiros de cociña que titulou: "Coñecer e cociñar o que vén da terra".

Tod@s puideron coñecer diversos vexetais, legumes, froitas, froitos secos.... e mesmo probar. Ao tempo, María cociñou receitas varias (humus diversos, ensalada de verduras, setas, receitas doces...) para que levaran a casa.

Gracias María!!!








17/10/23

PLÁSTICA E SOCIAIS (PAISAXES E MONA LISA) 6º E.P.

 Nestas primeiras semanas de colexio, elaboramos varios materiais que queremos compartir; por un lado, en plástica, cada un de nós fixemos un retrato da Mona Lisa ¨personalizado¨ , quedando coma resultado unhas Monas Lisas moi creativas e curiosas...

Por outro lado, en Sociais, traballando as paisaxes, fixemos un traballo manual no que decoramos unha paisaxe elexida, pintámola e logo preprámola para expoñer.

 para ver máis imaxes,clicar na de abaixo.

A seguir creando!!
 

COMEMOS QUE DÁ GUSTO!! 6º E.P.

O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou un mural moi completo de receitas saudables, nas cales non houbera excesos de graxas, doces, ultraprocesados etc. 
Este traballo vai en liña co que nos marca o PDI deste ano (Medicus curat, natura sanat) ,xa que unha boa alimentación permitiranos ter unha boa saúde. 
O resultado foi o seguinte:




Bo traballo chic@s!!

 

13/10/23

Abellas na escola (3º ciclo)

   O pasado martes 10 de outubro, o alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria recibiu  a visita do responsable do proxecto abellas na escola , o cal mostrou todos os segredos que se agochan na vida das abellas (alimentación, comunicación, cría, extración de mel...) con degustación de pole e mel incluída!!!
  Foi un obradoiro moi interesante que nos permitiu afondar na relevancia que teñen estes insectos no ciclo da vida das plantas e por ende, do ecosistema.
   Para aceder as imaxes do obradoiro, clicar na imaxe de abaixo.


Vémonos na seguinte publicación!!

 

17/09/23

COMEZA O CURSO 23-24!!!

    Coma todos as anos por estas datas, xúntanse unha serie de emocións e sentimentos encontrados...a tristeza polo fin das vacacións de verán choca coa ledicia e os nervios pola volta ao cole. O tempo de lecer da paso á rutina, e toca volver a poñer o espertador para levantarse polas mañáns.
    Este será un ano especial, xa que é o derradeiro curso no colexio. Despois de 9 anos no Milladoiro, cando en xuño rematen as clases, pecharase unha etapa moi especial para todos vos... pero abrirase outra nova no instituto. É por isto que esperamos que pasedes este curso coa maior das ilusións; onde o traballo e o esforzo xunto co compañerismo, a colaboración e o respeto guíen esta travesía. Valores que se ven reflexado nestas imaxes dos primeiros días...






 Rematamos esta primeira entrada no blogue, desexándovos un Feliz curso 23-24 a todas e todos, vémonos na seguinte publicación!!

14/06/23

5º EDUCACIÓN PRIMARIA - CAMIÑO DOS FAROS -

 No día de hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha ruta por un tramo do Camiño dos Faros, concretamente, a ruta circular de Beo acompañados do mestre de E.F. Óscar e Sergio de A.L.

Os guías da nosa particular expedición forón Ramón e José Manuel. Dende aquí agradecemos a súa predisposición e xenerosidade, coma así tamén agradecemos á policía local e a protección civil a súa colaboración.

Foi unha xornada incríble, o tempo permitiunos admirar a paisaxe desta ruta, estar en contacto coa natureza e coñecer mellor a nosa contorna, ao mesmo tempo que facíamos exercicio. 

Descubrimos novas curiosidades, coma por exemplo, que nesta ruta podemos atopar unha das zonas xeolóxicas máis antigas de Europa.

A merenda e o paseo pola praia e mollar os pes na auga fresquiña de Beo permitiunos descansar para coller folgos e rematar a nosa aventura, que de seguro repetiremos a ano que ben.

Unha xornada distinta, interesante, aventureira e deportiva. 

Agora a desfrutar do merecido descanso.









06/06/23

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE. CONSTRUÍNDO NA AREA!

 Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria baixamos á praia de Canido a elaborar os nosos particulares monumentos utilizando a area da praia e os elementos que a mesma nos proporcionou.

Fixemos 3 equipos: un equipo fixo o Castro de Borneiro visitado este curso, outro grupo o castelo de Vimianzo que tamén visitamos na mesma excursión e o terceiro grupo o Faro de Punta Nariga.

Foi unha xornada moi divertida onde puxeron todo o seu empeño e creatividade traballando en equipo!!







10/03/23

A NOSA IMPRESCINDIBLE. MARUJA MALLO

 Na semana da muller, o alumnado de 5º de primaria decidimos rendirlle homenaxe á gran Maruja Mallo, por ser unha súper artista pero sobretodo unha súper muller.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA (SEMANA DA MULLER): MULLERES IMPRESCINDIBLES - ANDREA MACEIRAS -

Ao longo desta semana, cada curso expuxo ao resto do alumnado o traballo que realizou sobre unha muller imprescindible.

Cada clase elexiu a aquela muller que considerou relevante para afondar sobre a súa vida e darlle máis visibilidade ao resto do alumando.

O grupo de 6º de Educación Primaria elexiu a Andrea Maceiras por varios motivos, entre os cales se atopa que foi a autora do libro que leron este ano dende a titoría chamado : ¨A folla azul¨.

Tivemos a sorte de recibir a Andrea na biblioteca e aproveitamos para facerlle unha entrevista en Radio Balea. 

Compartimos a entrevista xunto cunhas pequenas pinceladas sobre a súa biografía:

Clicando na imaxe accédese a unha presentación biográfica de Andrea Maceiras


06/02/23

SEMANA DA PAZ DENDE MÚSICA.

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria interpretaron pezas de todos os tempos que son representativas desta conmemoración.

SEMANA DA PAZ

 Os nenos e nenas de 5º e  6º de Educación Primaria compuxeron e interpretaron dous raps que tratan sobre a Paz, dous temas moi reinvindicativos que xiran en torno  aos valores máis representativos que debemos ter tanto este día, como o resto de días do ano. 



27/01/23

6ºEP_Encontro con Andrea Maceiras

AS NOSAS LETRAS!

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Inciamos o presente curso coa exposición AS NOSAS LETRAS! adicada á escritora Andrea Maceiras por elección do alumnado de 6ºEP que teñen un dos seus títulos como libro do Plan Lector Anual: A folla azul.

Así, na área Aprender a investigar realizaron a súa biografía grazas ás fontes documentais e dixitais. Asemade, remitiron un correo electrónico á autora para convidala a visitar a nosa escola e... conseguimos cadrar datas!

Encontro con Andrea Maceiras

No día de onte, mantiveron un encontro coa autora; a cal agradecemos a súa amabilidade, pois non só asinou o exemplar de cada nen@ e no caderno da biblio, tamén respostou a cada unha das preguntas dentro da entrevista que desenvolveron na nosa Radio Balea.


Grazas a Andrea Maceiras pola súa cercanía e bo facer; así como a Editorial Xerais por facilitarnos o encontro.


 

09/01/23

5º e 6ºEP_Saída ao MELGA

                                                       

5º e 6ºEP_Saída Aquarium e Casa das Ciencias