Co gallo da festividade de Nadal, cada aula do centro elaborou unha postal de Nadal para unha asociación ou colectivo. O alumnado de 6º elexiu a asociación ASPANAES para enviar a postal creada.
ASPANES é unha entidade non lucrativa de acción social que traballan para apoiar ás persoas con TEA e as súas familias, creando oportunidades para mellorar a súa calidade de vida.
A postal contén o debuxo de Alexis, alumno de 6º de E.P. e gañador este ano do concurso de debuxos de Nadal organizado polo concello. Parabéns Alexis!!
Os nenos e nenas de ASPANAES mandáronnos de volta unha felicitación por medio dun fermoso vídeo, dende aquí o noso recoñecemento a súa gran labor e o noso agradecemento pola resposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario