25/11/22

5ºEP_RECICLAR NON É COUSA DE NENOS

RECICLAR NON É COUSA DE NENOS/AS

Na clase de quinto estamos convencidos e convencidas de que  a formación en reciclaxe comeza desde pequenos, pero todos e todas debemos de colaborar para poder coidar do noso planeta.                    

28/10/22

5ºEP_ Lectura Terrorífica: Xa chegou Samaín!

Onte, na XIII Semana das Lecturas Terroríficas, bailamos e cantamos a nosa produción propia ao ritmo da música "Xa te vin xabarín" para celebrar que

XA CHEGOU SAMAÍN!

Esperamos que moverades o esqueleto. Nós, este Samaín, puxemos os ósos a bailar.

27/10/22

6ºEP_LECTURA TERRORÍFICA: UNHA EXCURSIÓN DE PESADELO!!!

 Como ven sendo habitual nos últimos anos, cada curso elabora unha ¨Lectura Terrorífica¨ que expón diante dos demáis integrantes do centro. A biblioteca ambiéntase para a ocasión e vívese o Samaín dunha maneira moi especial, xa que se xuntan moitas sensacións: nervios, incertidume, emoción, e como non podía ser de outro xeito, algo de medo tamén...

A continuación compartimos o traballo elaborado polo alumnado de 6º que consiste nun audio gravado na nosa Radio Escolar ¨Radio Balea¨. Primeiro pensaron as ideas principais sobre as que xira a trama e despois déronlle forma coa axuda de Estefanía. Unha vez obtida a historia, guionizouse e gravouse na radio, colaborando Óscar na edición. O resultado é unha historia de suspense e intriga cun final esperado.

Esperamos que vos guste e pasedes un moi bo Samaín!!!


Presentación dos seres mitolóxicos que inteveñen premendo na imaxe



19/10/22

5º e 6º EP_Saída á sede da Real Academia Galega

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Cancioneiro de Buño, un dos exemplares doado polo Concello de Malpica a nosa Biblioteca, foi presentado, no día de onte, na sede da Real Academia Galega.

A esta presentación asistimos 5º e 6º de Primaria acompañados polos titores. Na presentación demos boa conta das coplas recollidas no libro que aúna dous mundos creativos: a olería e a literatura popular. Premendo na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Imaxe Real Academia Galega

Voltamos da presentación co noso exemplar asinado polo editor literario, o cal recolle na dedicatoria a importancia de valorar e salvagardar o noso rico pasado.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Agradecemos a doazón dos exemplares por parte da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do noso Concello, así como a saída complementaria.

Unha mañá literaria!

23/06/22

Graduación Promoción 2013-2022



E chegados a fin de curso 2021-22, unha promoción máis que remata a súa andaina escolar no CEIP Milladoiro.

Unha celebración na que elas e eles foron protagonistas da súa graduación. Graduación emotiva e significativa porque viviron o último ciclo de Primaria como heroínas e heroes ante a covid-19, soportando protocolos sanitarios que cortaron a súa liberdade persoal e social. 

Desexámoslles feliz singradura, retomando a merecida liberdade e recordando que a súa escola sempre terá as portas abertas para tod@s.

17/06/22

6ºEP_Aprender a Investigar: AS NOSAS LETRAS!

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

O alumnado de 6º de Primaria despide a súa andaina escolar no CEIP Milladoiro presentando o podcast MillaInforma: AS NOSAS LETRAS!. Programa no que, grazas ao traballo desenvolto ao longo do curso na área Aprender a Investigar, nos resumen a vida e obra de diversos autores galegos e autora galega.

Desexámosvos unha nova travesía chea de aprendizaxes de vida, sen olvidar as vosas raíces: Galicia.

Feliz singradura nen@s e parabéns pola vosa última produción en Radio Balea, a Radio na Biblio.

16/06/22

FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN.

 O alumnado de Educación Primaria colaborador na recollida de información sobre o San Xoán levou a cabo un fermoso programa especial que chamamos FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN.

Os colaboradores de Educación Primaria foron: Noel, Gabi e Xulia de primeiro,Valentina de segundo,Damián de terceiro, Alba e Isaac de quinto e Sofía, Pablo, Lucía, Icía e Carmela de sexto. Tamén houbo moita colaboración en Educación Infantil, que nos aportaron moitos refráns e costumes na noite de San Xoán. 

Moitas grazas a todos e todas, con este podcast rematamos este curso radiofónico dende Rabio Balea, o ano que ven , máis e mellor!!! 

Agora xa sabedes!! a buscar as herbiñas e a saltar a cachela!!! 

que teñades un bo San Xoán!!!

PODCAST ESPECIAL FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN:


Compartimos un fermoso poema composto por Tania Trigo chamado
¨Ardemos o mar¨

Arde o mar

Cada 23 de xuño

Na noite de San Xoan

Marcan as 12

As cachelas relocen

Nos ollos da xente

Leda, contenta, festeira

O verán está a chegar

Noite de Meigas

Noite de encantos

Noite de maxia

Arde o mar!

Arde a queimada

O conxuro sumérxenos

Nunha Galicia ancestral

Nunca vivida

Nunca sentida

Pero si, esa noite

Posúen nos sentimientos pasados

Ledicia

Gozo

Festa

Vida

Na noite de San Xoán

Arde o mar!



02/06/22

MILLAINFORMA III BIBLIOAXUDANTES DE 5º NA RADIO

Nagore, Alejo, Alba e Pablo, alumnado de 5º de E.P. locutaron o III e derradeiro Millainforma ¨biblioaxudantes na radio¨no que deron conta das actividades que se fixeron no centro no terceiro trimestre. 
Un programa traballado e elaborado con ilusión na que nos poñen ao día sobre as novidades máis recentes. Con este programa despedimos esta iniciativa ata o curso que ven, parabéns a todos e todas os participantes pola súa colaboración e por poñernos ao días das novas do noso centro centro.
 Grazas e noraboa polo traballo!!!


24/05/22

MILLAINFORMA II BIBLIOAXUDANTES NA RADIO.

 Babel, María, Isaac e Daniella gravaron o segundo Millainforma que parte da iniciativa ¨Biblioaxudantes na Radio¨

Estupendo traballo chicas!!!





13/05/22

PARTICIPACIÓN IV CONCURSO DE PODCAST RADIO NA BIBLIO

Compartimos a nosa experiencia na elaboración do Podcast ¨Unha regueifa a Don Florencio¨, presentada para participar no IV Concurso de podcast Radio na Biblio.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

¨UNHA REGUEIFA A DON FLORENCIO¨











 

08/05/22

PARTICIPACIÓN II CONCURSO PODCAST RNE

Os presentamos el trabajo realizado para la elaboración del podcast ¨Los 7 gigantes de A Costa da Morte¨ presentado para participar en el II Concurso de podcast de Radio Nacional de España. Se expone la  síntesis, los y las participantes, la escaleta y los créditos, por último el podcast. Esperamos que os guste!!
¨LOS 7 GIGANTES DE A COSTA DA MORTE¨





Nuestro podcast en la plataforma eloquenze: CLIC EN LA IMAGEN:





30/03/22

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


PODCAST DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 

Para conmemorar o día internacional da muller, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria entrevistaron as mulleres traballadoras das súas familias. Entre as distintas entrevistas que fixeron, elexiron a entrevista a Tera, a avoa de Daniela sobre a cal xira este podcast. 

Tera traballou nun oficio tradicional como é o de peixeira durante 30 anos na lonxa de Malpica, un oficio ben coñecido no pobo e que nos explica neste entrevista  na que Daniela ponlle voz, reproducindo as respostas que amabelmente lle deu a súa avoa, dende aquí o noso agradecemento.

Tamén compartimos unha interesante entrevista en formato vídeo que Pablo lle fixo a súa avoa María Visitación, moitas grazas pola colaboración!!!

Esperamos que vos guste.










08/03/22

6ºEP_Illa de Reciclaxe

 BENVID@S Á NOSA ILLA DE RECICLAXE

 Adéntrate na nosa illa e comeza a reciclar con nós. Agora todas esas cousas que xa non "sirven", atoparán un novo uso. Cal se che ocorre a ti?

04/03/22

O caderno de bitácora de 5º - 3

Dúas conmemoracións especialmente emotivas tiveron lugar na última semana do mes de febreiro:


- O mércores, 23 de febreiro, celebramos o aniversario número 185 do nacemento, no municipio coruñes de Padrón, nunha vivenda situada á marxe dereita do Camiño Novo que conduce a Compostela, de Dona María Rosalía Rita de Castro. Probablemente, a meirande figura literaria, cultural e social da historia de Galicia.

Na aula de 5º de Primaria do CEIP Milladoiro honramos a figura de Rosalía recitando algúns dos seus poemas e coñecendo detalles e anécdotas da súa vida e da súa obra.



 - O venres, 25 de febreiro, tivo lugar a evocación dunha das festas de maior tradición e arraigo no noso país, O Entroido.

O CEIP Milladoiro decidiu engalanarse para a ocasión e vestiu, ese día, os traxes de madamita e madamito, propios da contorna malpicá; e realizou tamén un baile típico da zona nesta época do ano.

Os doces típicos do Entroido, os xogos e os sorrisos, acompañaron a celebración.



"A lembranza de onde veño axúdame a saber cara onde vou"

22/02/22

6ºEP_Kandinsky

INVADIDOS  PO KANDINSKY

Nas últimas semanas, o alumnado de sexto adentrouse no mundo de Kandinsky, facendo dende pousa vasos, ata inspirarse nas súas musas para recrear un dos cadros máis famosos do artista.








 

14/02/22

5ºEP_Obradoiro Radio na Biblio

Obradoiro Radio na Biblio

O mércores 9 de febreiro o alumnado de 4º de Primaria e 5º de Primaria, no presente curso Biblioaxudantes de Radio na Biblio, desenvolveron un obradoiro de Radio da man dos profesionais da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Coa profesionalidade de Xerardo Feijoo aprenderon a edición dun podcast no programa Audacity e con Damián Alonso a comunicación: volume, entoación, dicción... Pecharon o obradoiro tod@s no patio cunha posta en práctica da Radio en directo.

Un luxo de formación para seguir medrando con Radio Balea... a nosa Radio!

11/02/22

O caderno de bitácora de 5º - DÍA MUNDIAL DA RADIO

As nenas e nenos de 5º de Primaria quixemos conmemorar o Día mundial da radio. 👇

Aproveitamos o evento para participar no programa Ponte nas ondas e conversar cunha desas mulleres que engrandeceron o patrimonio inmaterial do noso país. Grazas a tantas coma ela, Galicia ten hoxe unha lingua e unha cultura de seu.


Sen memoria, perdemos a identidade...

04/02/22

O caderno de bitacóra de 5º - OS BARCOS DA LIBERDADE

Mantendo a idea de afondar no patrimonio e na cultura malpicán, e co gallo da conmemoración do Día da non violencia e a paz, o 30 de xaneiro deste 2022; as alumnas e alumnos de 5º de Primaria, inmersos no estudo da historia das embarcacións na Costa da Morte, interesámonos, desta volta, por 3 motoras que salvaron a vida de case unha vintena de veciñas e veciños da comarca en tempos da Guerra Civil española.


A todas esas persoas que deron a súa vida pola defensa da paz e da liberdade...

01/02/22

O caderno de bitácora de 5º - 2

O prometido é deuda... 😉


O segundo número do noso particular caderno de bitácora vai dedicado ao mundo da arte e da expresión. Neste caso, queremos compartir con todas e todos vós algunhas das actividades plásticas que realizamos durnate o 1º tramo do curso.



  
       


"A arte dános a capacidade de ver" (Paul Klee)

31/01/22

6ºEP_Día da Paz: MANUEL VERDES

  


Con motivo do Día da paz, 30 de xaneiro, conmemoramos a Manuel Verdes, cidadán malpicán que emigrou nos 60 a Perú, en busca dunha vida mellor.

Rendémoslle homenaxe facendo un fotocómic cos momentos máis destacados da súa vida. Desfrutádea!