20/12/23

5ºEP_Postal de Nadal

Presentamos a postal dixital que deseñamos para remitir ao Centro de Educación Especial Santa María de Lugo. Unha postal que Leo, a nosa serea lectora, nos animou a crear para felicitar a outras comunidades: Nadal, tempo para comunicar!

A resposta da comunidade do CEE Santa María non se fixo esperar e fíxonos moitísima ilusión recibir a súa cariñosa vídeo-postal, encantounos!

Só nos queda desexarvos... 

BO NADAL E FELIZ 2024!

18/12/23

ENTREVISTA A LARA, MARA PÉREZ e NOELA, convocadas pola selección Galega e a selección da Costa da Morte

Entrevista dende a iniciativa dos biblioaxudantes de 5º na Radio a Lara e Mara Pérez convocadas pola selección galega de fútbol- sala e a Noela, porteira de 5º de Educación Primaria, convocada pola selección de fútbol feminino da Costa da Morte.

Sorte chicas!!!!

16/12/23

6ºEP_POSTAL DE NADAL

 Co gallo da festividade de Nadal, cada aula do centro elaborou unha postal de Nadal para unha asociación ou colectivo. O alumnado de 6º elexiu a asociación ASPANAES para enviar a postal creada. 

ASPANES é unha entidade non lucrativa de acción social que traballan para apoiar ás persoas con TEA e as súas familias, creando oportunidades para mellorar a súa calidade de vida. 

A postal contén o debuxo de Alexis, alumno de 6º de E.P. e gañador este ano do concurso de debuxos de Nadal organizado polo concello. Parabéns Alexis!!

 A mestra Uxía encargouse de levala a asociación e foi recibida con moita cordialidade e gratitude, ensinándolle as instalacións do centro e a boa labor que levan a cabo.



Os nenos e nenas de ASPANAES mandáronnos de volta unha felicitación  por medio dun fermoso vídeo, dende aquí o noso recoñecemento a súa gran labor e o noso agradecemento pola resposta.



Compartimos vídeo da elaboración da postal na que participou todo o alumnado da clase.

BO NADAL E FELICES FESTAS!!













05/12/23

5ºEP_AS NOSAS LETRAS!: Marilar Aleixandre

AS NOSAS LETRAS! Marilar Aleixandre

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 1º trimestre a exposición AS NOSAS LETRAS! volveu presidir o corredor do 1º andar coa finalidade de divulgar, dar a coñecer, valorar á poeta, narradora, profesora e académica...

MARILAR ALEIXANDRE

O alumnado de 5º de primaria conta no seu intinerario lector cun título da escritora, Nogard, que foi reeditado no ano 2022 mais a súa primeira publicación data de 1994. Unha xoia literaria nas mans d@s nen@s de 5º, que xa pasa a formar parte da súa biblioteca persoal.

No álbum de fotos recóllese o traballo do grupo-aula ao redor da vida e obra de Marilar Aleixandre, para pór cara á autora do libro e coñecela un pouco máis.

Ao tempo, premendo na seguinte imaxe accederedes á experimentación, ao xogo do grupo ao redor de Nogard na aula de cociña: unha experiencia lectora lúdica e creativa.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continuará...

01/12/23

Obradoiro de cociña (6º Educación Primaria)

 Ao longo de dúas xornadas lectivas todos os grupos-aula pasaron polos obradoiros de cociña sostible impartidos por María Navarro. María é graduada no ciclo superior de Dirección de Cociña e gusta de divulgar a cociña sostible, vexetal, sen residuos e de tempada, o que a levou a deseñar estes obradoiros de cociña que titulou: "Coñecer e cociñar o que vén da terra".

Tod@s puideron coñecer diversos vexetais, legumes, froitas, froitos secos.... e mesmo probar. Ao tempo, María cociñou receitas varias (humus diversos, ensalada de verduras, setas, receitas doces...) para que levaran a casa.

Gracias María!!!