23/06/22

Graduación Promoción 2013-2022



E chegados a fin de curso 2021-22, unha promoción máis que remata a súa andaina escolar no CEIP Milladoiro.

Unha celebración na que elas e eles foron protagonistas da súa graduación. Graduación emotiva e significativa porque viviron o último ciclo de Primaria como heroínas e heroes ante a covid-19, soportando protocolos sanitarios que cortaron a súa liberdade persoal e social. 

Desexámoslles feliz singradura, retomando a merecida liberdade e recordando que a súa escola sempre terá as portas abertas para tod@s.

17/06/22

6ºEP_Aprender a Investigar: AS NOSAS LETRAS!

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

O alumnado de 6º de Primaria despide a súa andaina escolar no CEIP Milladoiro presentando o podcast MillaInforma: AS NOSAS LETRAS!. Programa no que, grazas ao traballo desenvolto ao longo do curso na área Aprender a Investigar, nos resumen a vida e obra de diversos autores galegos e autora galega.

Desexámosvos unha nova travesía chea de aprendizaxes de vida, sen olvidar as vosas raíces: Galicia.

Feliz singradura nen@s e parabéns pola vosa última produción en Radio Balea, a Radio na Biblio.

16/06/22

FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN.

 O alumnado de Educación Primaria colaborador na recollida de información sobre o San Xoán levou a cabo un fermoso programa especial que chamamos FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN.

Os colaboradores de Educación Primaria foron: Noel, Gabi e Xulia de primeiro,Valentina de segundo,Damián de terceiro, Alba e Isaac de quinto e Sofía, Pablo, Lucía, Icía e Carmela de sexto. Tamén houbo moita colaboración en Educación Infantil, que nos aportaron moitos refráns e costumes na noite de San Xoán. 

Moitas grazas a todos e todas, con este podcast rematamos este curso radiofónico dende Rabio Balea, o ano que ven , máis e mellor!!! 

Agora xa sabedes!! a buscar as herbiñas e a saltar a cachela!!! 

que teñades un bo San Xoán!!!

PODCAST ESPECIAL FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN:


Compartimos un fermoso poema composto por Tania Trigo chamado
¨Ardemos o mar¨

Arde o mar

Cada 23 de xuño

Na noite de San Xoan

Marcan as 12

As cachelas relocen

Nos ollos da xente

Leda, contenta, festeira

O verán está a chegar

Noite de Meigas

Noite de encantos

Noite de maxia

Arde o mar!

Arde a queimada

O conxuro sumérxenos

Nunha Galicia ancestral

Nunca vivida

Nunca sentida

Pero si, esa noite

Posúen nos sentimientos pasados

Ledicia

Gozo

Festa

Vida

Na noite de San Xoán

Arde o mar!



02/06/22

MILLAINFORMA III BIBLIOAXUDANTES DE 5º NA RADIO

Nagore, Alejo, Alba e Pablo, alumnado de 5º de E.P. locutaron o III e derradeiro Millainforma ¨biblioaxudantes na radio¨no que deron conta das actividades que se fixeron no centro no terceiro trimestre. 
Un programa traballado e elaborado con ilusión na que nos poñen ao día sobre as novidades máis recentes. Con este programa despedimos esta iniciativa ata o curso que ven, parabéns a todos e todas os participantes pola súa colaboración e por poñernos ao días das novas do noso centro centro.
 Grazas e noraboa polo traballo!!!