25/01/22

O caderno de bitácora de 5º - 1

 Máis vale tarde... 😊


Esa foi a primeira idea na que cavilamos ao abordar a elaboración deste primeiro número.


Sendo conscientes dunha certa desconexión da actividade informativa, pola nosa parte, durante o 1º Trimestre; as rapazas e os rapaces da aula de 5º de EP do CEIP Milladoiro, decidimos virar o rumbo xornalístico e emprender unha nova aventura que agardamos sexa do voso agrado.


O caderno de bitácora será, dende hoxe, o voceiro que ha transmitir os acontecementos e as realidades que nos vaian sucedendo ao longo do que nos resta de curso.


Nesta primeira aparición e como resumo do trimestre que vén de rematar, achegamos unhas fotografías dalgunhas das actividades que levamos a cabo:


- Laboratorio científico

             

- Adornos e postais de nadal



               

                    Un saúdo,


                    O equipo de redacción do Caderno de bitácora

Ningún comentario: