Para
conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz os alumnos e alumnas de 5º de
Educación Primaria do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños realizaron unha
actividade conxuntamente coa clase de 5º de Educación Primaria do CPI Alcalde
Xosé Pichel do concello de Coristanco.
A actividade consistiu na elaboración dunhas pulseiras nas que o alumnado tivo que escribir unha palabra relacionada coa paz e a non violencia, así como a súa posterior decoración. Unha vez elaboradas, tanto polo alumnado de Malpica como polo de Coristanco, procedeuse ao intercambio das mesmas.
A maiores, tamén realizaron unha actividade na cal tiveron que pensar, por grupos, en situacións nas que se fomenta a paz no día a día e en cales se fomenta todo o contrario. Unha vez que cada grupo recolleu diferentes ideas para ambas situacións, fixeron un debate-diálogo en gran grupo do cal saíu o produto final que poden observar nas fotografías enlazadas, premendo na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario