De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
22/05/12
Semana dos Contos
Anque xa foi o luns 14, non houbo tempo de poñervos estas imaxes aquí.
Primeiro, Marín, Diego e Uxía fixeron unha marabillosa narración do conto que entre toso escribimos e ilustramos: a nosa Cincenta, contada coa técnica do kamishibai. O caso é que como nos sairon moitas imaxes, non puidemos usar o teatriño propio desta técnica pero... foi unha excelente lectura! Que ninguén pense que é doado ler mantendo a atención de 180 nenos e nenas. E fixéchedelo!
Despois, Nerea, Nuria, Eva, Manuel, Noelia, Santi, Diego García e Pedro contáronos o conto dos 3 porquiños na versión de Roald Dahl, a que está incluída no libro Cuentos en verso para niños perversos. Risas a cachón e unhas interpretacións excelentes.
No hipervínculo do título do conto tendes o texto e o enlace ás fotos AQUÍ
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario