07/02/24

ENTREVISTA A SUSO DO BECHO (¨ Xogo das vacas¨) - Barizo e Mens -

 Este martes 6 de febreiro recibimos en Radio Balea a visita de Suso, neto de Jesús do Becho, gran dinamizador e participador activo do ¨Xogo das Vacas¨ cando antigamente aínda se facían estas recreacións e paradoias en Mens ou Barizo como forma de festexar o entroido.

Suso é membro da comunidade educativa do centro, xa que é o pai dunha alumna de 1º de Educación Primaria.

A entrevista permitiunos coñecer mellor en qué consistía o ¨ Xogo das vacas¨ e como a retranca, as chanzas e os dobres sentidos eran fundamentais, pois esas escenas eran produto da improvisación, da picardía, da rapidez de resposta e da axilidade mental dos participantes.

Un dos papeis protagonistas era ¨A Chamadora¨ que era o que protagonizaba Jesús do Becho, avó de Suso nos tempos nos que aínda se facían estas representacións. Outros  personaxes que tamén interviñan eran as vacas, o arador, o sementador, o veterinario ou o comprador das vacas.

Moitas grazas pola túa colaboración Suso, e por achegarnos as túas lembranzas!!!

Para acceder a galería de imaxes, clicar na seguinte:



             Con esta entrevista finalizamos esta rolda de visitas a Radio Balea co gallo do Día Mundial da Radio, e que mellor maneira de cerralo que compartindo  unha imaxe de Jesús do Becho, ca cara maquillada de azafrán, caracterizado para a ocasión e camiñando diante das vacas  en plena ¨faena¨ nunha escena deste singular, orixinal e festivo Xogo das vacas.

Ningún comentario: