O pasado venres 2 de febreiro Radio Balea recibiu a visita de Charo, integrante da Asociación Cultural Raigañas e pertenecente a comunidade educativa do centro.
Charo tivo a cortesía de responder aos periodistas de Radio Balea, neste caso, un grupo de 5 nenos e nenas de 5º de Educación Primaria (Andrea como técnica, Celia, Uxía M, Marco G. e Damián coma locutores).
O motivo da súa visita foi o de achegarnos e ensinarnos como é o entroido en Cerqueda. Charlamos sobre os Madamitos e os Ghuardineros e todo o que rodea a estes míticos persoaxes do entroido malpicán.
Esta entrevista forma parte dos preparativos para conmemorar o día Mundial da Radio, o vindeiro 13 de febreiro, coincidente co martes do entroido, de ahí a temática destes podcasts.
Agradecemos a Charo a súa colaboración e cercanía. Grazas Charo!!
Pronto haberá máis novidades dentro destes preparativos...estade ben atentos e atentas!
O resultado é o seguinte podcast:
Ningún comentario:
Publicar un comentario