María, Silvia e Xacobe como respresentantes da Asociación Carcaxía visitaron Radio Balea para ser entrevistados polo alumnado de 5º de educación primaria. Esta entrevista forma parte da quenda de actividades realizadas no mes de febreiro (mes da radio) no CEIP Milladoiro.
Todas as entrevistas están relacionadas coa temática do Día das Letras Galegas deste ano 2025 (cantareiras e pandereteiras) e a relación das coñecidas Pandereteiras de Mens co tecido asociativo malpicán relacionado coa cultura e tradición musical popular galega, concretamente coa pandeireta coma instrumento protagonista.
Durante a entrevista, descubrimos que Xacobe e bisneto dunha das pandereteiras; e tanto él coma María Haz e Silvia contestaron con detalle e amabilidade a todas as preguntas relacionadas non só sobre Carcaxía e as pandereteiras, senón sobre as súas traxectorias musicais e asociativas.
Ao final da entrevista animáronse a tocar a pandeireta e deixáronnos de agasallo ese momento especial que quedará de recordo no noso propio repositorio do centro.
Moitísimas grazas pola entrevista aos tres!!!! pasámolo xenial e aprendimos moito!! Esperamos volver a vervos pronto, se non é no cole, que sexa nunha foliada!!
Acceso á galería de imaxes clicando na de abaixo
👇