28/10/11

andrea


Eu chámome Andrea e teño 10 anos.
Teño o pelo longo e son castaña.

Son alta e os meus ollos son de cor marrón claro e grandes. O meu nariz é pequeño e a miña boca e grande .

Gústame fecer ximnasia rítmica e manualidades. Non me gusta estar toda a tarde vendo a televisión. Gústanme moito os cans (teó 3) e os gatos (tño 1) Ademáis, teño un coello.

Teño un irman que se chama Miguel e ten 17 anos

Santi



Teño 10 anos. Mido 1,55cm. Gústame xogar ao fútbol, ao baloncesto, ao voleibol etc…Támen son aficionado ás maquinitas.
A miña comida preferida é a tortilla, tamén o raxo e o churasco.
Teño un can chamado Lucas que é moi cariñoso e ten máis de 4 anos.

Uxía






O meu cabelo é castaño e ondulado, as miñas meixelas son redondas e os meus labios son rosados e delgados.
Gústanme os cabalos e os cans. O meu chamase Timón. Tamén me gustan as galiñas , sobre todo as da miña avoa , que son 47. A miña preferida é Maria Pita.
Teño unha irma e 4 primos, miña irmá chámase Paula ten o cabelo rizo e marrón.
Na miña clase teño 12 compañeiros e a miña mellor amiga é Nuria e a miña profesora é Olga.

Noelia


Vivo xunto á praia .Mola un montón porque podo vela desde a miña ventá pola noite ou cando está a posta de sol e gústame moito vivir en Canido que é un sitio moi tranquilo.
Eu teño unha personalidade singular. Teño unhas amigas moi boas que me comprenden moi ben. Eu tamén as comprendendo moi ben a elas porque nos coñecemos desde pequenas.
Son una nena moi activa e gústame moito xogar ó fútbol e cousas de balón : balncesto pilla-pilla, escondite, bolonmán e boleibol.

Nerea

Chámome Nerea. Teño10 anos e nacin en Suiza porque meus pais estaban alí traballando pero xa viñen para Malpica cando tiña tres meses.

Vou á escola a Malpica. Teño 3 mascotas: unha cadela , unha tartaruga e unha cobaia.

Gústame andar na bicicleta e ir á piscina . Vou case todo los dias a casa do meu veciño. Gústame levar chandal , pantalóns vaqueiros , tenis e chancletas , non me gusta levar saia nin bailarinas.

Pedro

Vivo no picote da Atalaia, que é un sitio de Malpica.
Teño o pelo castaño e longo;os ollos de cor marrón. Teño a boca pequena e son baixo (mido 1.45m) Teño 11 anos.
Son moi áxil. As miñas aficións son xogar ao futbol, andar en barco e en lancha, xogar ao balonmán e xogar ao baloncesto …


Martin


Vivo en Malpica de Bergantiños .A min encántame xogar e rir. Non teño mascotas, porque meus país din que dan moito traballo.

Xogo ao fútbol e ao baloncesto no equipo do Malpica e tamén practico a natación na piscina de Carballo.

Teño moitos compañeiros por todo o mundo.

Diego García



Teño dez anos, moitos amigos e moitas ganas de facer deporte tódolos días.
O meu deporte favorito é o fútbol e a miña afección preferida é ler. Tamén me gusta andar no ordenador e saír á rúa xogar cos meus amigos.
A miña comida favorita é o churrasco. Logo, tamén a froita. Teño unha irmá que me trata moi ben e chámase Carla.
De maior encantaríame estudar xornalismo para deportes.

Nuria



Eu nacín en Barizo . Gústame moito debuxar e patinar e o deporte que mais me gusta é o baloncesto .
Gústame moito os animais sobre todo os cans ,teño unha cadela que se chama Dorna é pequena e xoguetona .Tamén me gusta viaxar e conocer lugares e xente nova.
O que menos me gusta é estar soa na casa sin ter xente con quen xogar. Cando o mellor o paso é
cando estou coas amigas.

Zaira


Teño 9 anos, gústame moito saltar á comba. Este verán estiven nun curso de montar a cabalo e estou desexando volver.

Vivo en MENS. Teño un peixe e una tartaruga. O meú peixe chámase Tiburón e a miña tartaruga Sonrisa.

Eu teño os ollos marróns, o meu nariz é pequeno e a miña boca tamén.

As miñas amigas son: Uxía, Nuria, Eva, Andrea, Nerea e Noelia.

21/10/11

Diego Castro

Vivo en Seaia. Gústanme moito os deportes, pero o que máis o futbol, entre outras cousas porque cando vou ós sitios xogar relaciónome con máis nenos.

A miña cor favorita é o azul porque polo día, se está despexado, vese todo o ceo azul.

Eu vivo con meus avós, meus pais e miña irmá. Estes anos non estou moi feliz porque miña irmá está en Ferrol e non paso moito tempo con ela.

Teño catro mascotas: dous cans chamados Rai e Lucas e dous gatos chamados Leiloio e Negrita.¡Son os catro moi xoguetóns!