24/06/21

Graduación promoción 2012-2021

 


O pasado martes 22 graduamos a promoción 2012-2021, un alumnado que se despide do CEIP Milladoiro con matrícula de honra, aínda que non é unha despedida porque saben que este sempre será a súa casa. Unha xornada que estivo chea de emocións e que aquí vos deixamos o vídeo resumo do paso desta xeración polo noso centro. Podedes ver todas as fotos deste acto premendo no seguinte enlace: graduación.


Graduación sexto EP CEIP Milladoiro.mp4 from bemilladoiro on Vimeo.

01/06/21

Encontro en liña con Ledicia Costas

E chegou o esperado encontro con...Ledicia Costas!

O alumnado de 5ºA, 5ºB e 6º de Primaria quedaron encantad@s da videoconferencia mantida coa escritora, que dende o primeiro minuto lles amosou a súa calor humana fronte á frialdade das pantallas.

Contestou a todas as preguntas que @s nen@s tiñan preparadas, entre todas as respostas foron coñecendo que...acaba de facer a cuarta entrega da colección Os Minimortos que xa está en edición, o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta fala coreano, un dos personaxes favoritos entre todos os seus títulos é a Señorita Bubble ou que, como Ledicia lles confesou na presentación inicial, encántalle o chocolate en todas as súas formas. 

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos e vídeos curtos do encontro.

Agradecer a Ledicia a súa amabilidade por encontrarnos, unha vez máis, no Milladoiro e a Edicións Xerais pola súa mediación para que a xuntanza virtual se materializase.

O vindeiro curso esperamos poder contar con encontros en vivo. Ata entón...quedámonos co doce sabor literario de Ledicia Costas!