17/06/24

XORNADA SOBRE RODAS (EDUCACIÓN VIAL)

Este luns 17 de xuño, o alumnado de todo o centro pasou polo pavillón co seu vehículo sobre rodas (patinetes, patíns, monopatíns...) para desfrutar da xornada sobre rodas que levamos poñendo en marcha os últimos cursos no centro.


Foi outra experiencia xenial na que os alumnos e alumnas de 6º de Primaria exerceron de policías, colaborando e axudando aos máis pequenos e pequenas a realizar o circuito correctamente. Explicaron o circuito e as sinais máis coñecidas para que a xornada transcorrera ¨sobre rodas¨, dende aquí os nosos parabéns!!!

        Acceso á galería de imaxes clicando na seguinte 👇

15/06/24

XORNADA DE SURF NA PRAIA (PVAD)

 O pasado martes 4 de xuño, o alumnado de 2º ciclo baixou á praia de Area Maior a participar na xornada de surf organizada pola academia ONE SURF academy de Malpica de Bergantiños. Os monitores foron Roi e Hugo na auga e na concienciación mediambiental e traballo na area o responsable foi Toni, o director da academia. Un ano máis temos que darlle as grazas e os parabéns a Toni, Hugo e Roi por permitirnos desfrutar desta xornada deportiva, especial e xa tradicional, xa que é a cuarta ocasión que se leva a cabo. 


acceso á galería de imaxes picando na seguinte 👇

CAMIÑO DOS FAROS (PVAD) 4º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O pasado mércores 12 de xuño, o alumnado de 4º e 5º de educación primaria realizou un tramo do Camiño dos Faros gracias a colaboración da Asociación Salitre.

Este ano Ramón, José Manuel, Andrea e Cecilia foron os voluntarios, guías e acompañantes nesta actividade tan completa e deportiva, dende aquí o noso gradecemento. A ruta comezou no IES Urbano Lugrís e continuou ata o cumio da Monte Beo onde puidemos disfrutar dunhas espectaculares e fermosas vistas, logo descendemos polas antenas ata San Adrián onde merendamos e fixemos xogos ao aire libre para voltar finalmente camiñando de volta ao instituto. Agradecemos enormemente a colaboración tamén de Iván (protección civil) e Rubén (policía local) nunha xornada activa e deportiva. A ruta total foi de aproximadamente 7 kilómetros. Grazas a todos e todas.



Acceso á galería de imaxes picando na seguinte 👇