18/06/25

PREMIO POLO VII PREMIO DE PODCASTS O VELLO DOS CONTOS

 O alumnado de 5º de Primaria está de parabéns xa que foi gañador do primeiro premio de categoría educación primaria polo VII premio de podcasts escolares ¨O vello dos contos¨. Hoxe recibiron o premio consistente nun lote de libros e xogos, un diploma acreditativo para o centro e unha escultura dunha pandereteira realizada polo alumnado do Easd Mestre Mateo de Santiago. Agradecer a Arraianos Producións  a organizacións deste certame.

Parabéns rapazada!!! agora a desfrutar dos agasallos!!


Nota de prensa: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/013411/los-colegios-maestro-valverde-mayo-milladoiro-los-institutos-foz-alexandre-boveda

13/06/25

6ºEP_ Booktráilers

 O alumnado de 6º de primaria, na área de Valores, realizou por equipos booktráilers de libros da biblio.

Os booktráilers son pequenos vídeos para promocionar a compra ou lectura dun libro.


Noraboa polo voso traballo, rapazas/es! Desfrutade do verán!


04/06/25

ENTREVISTA RADIO GALEGA A LEO COUSILLAS E CANDELA LEMA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Malpica foi o epicentro da celebración do Día das Letras Galegas neste ano 2025. Este día festivo estivo adicado á poesía popular oral personificada nas Pandereteiras de Mens, Adolfina e Rosa Casás e a Eva Castiñeiras, pandereteiras e cantareiras todas elas.

Como gañadores do VII concurso de podcast radio na biblio, fomos convidados por Radio Galega no programa especial realizado en directo indo como representantes da clase de 5º de educación primaria Leo Cousillas e Candela Rama.



Deixamos o corte de entrevista nesta nova experiencia relacionada coa radio!!
https://www.agalegaaudio.gal/videos/detail/249451-clip_zhoraenhora_11-17-05-2025-_to_mp3

13/05/25

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE BADMINTON (PVAD) EN SERRA DE OUTES

 O pasado xoves 7 de maio celebrouse en Serra de Outes a final intercomarcal de badminton, na cal, o noso centro contaba con 5 representantes.

De 6º de Educación Primaria foron Celia, Mara Añón, Lola Serantes e Andrea na categoria alevín feminino e Fran no alevín masculino.

Destacamos a participación de Celia e Lola acadando a final de consolación e gañándoa. Todas xogaron un mínimo de 3 partidos, sendo unha gran festa deportiva e de convivencia pois compartimos autobús e tamén estancia no pavillón co CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

Foi unha viaxe longa, pero mereceu a pena, unha experiencia máis a través do deporte, onde aprenderemos a competir, a ser xustos cando actuaron de árbitros e a xestionar as victorias e as derrotas.

Este último evento cerra a temporada XOGADE no CEIP Milladoiro, esperamos que o alumnado o desfrutase e que o ano que ven, continúen desfrutando desta modalidade de participación deportiva.



acceso á galería de imaxes picando nas de enriba ☝

04/05/25

A NOSA HERDANZA. 5º PRIMARIA. PODCAST PRESENTADO NO VII CONCURSO DE PODCAST RADIO NA BIBLIO MODALIDADE IV

 O alumnado de 5º de educación primaria do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños gravou en Radio Balea o podcast presentado no VII Concurso de Podcast Radio na Biblio co cal quixo homenaxear a poesía popular oral (cantareiras e pandereteiras) co gallo do Día das Letras Galegas 2025.

Pola biblioteca do centro e o estudo de Radio Balea pasaron as distintas representantes do tecido asociativo e cultural así como figuras relevantes no campo da poesía popular oral de Malpica e da Comarca de Bergantiños.

O obxectivo foi poñer en valor o legado deixado polas cantareiras e pandereteiras de Mens nas distintas asociacións culturais e de música tradicional que son as encargadas de manter viva a corrente de transmisión oral e musical deixada polas mulleres homenaxeadas xunto cun sinfín de mulleres anónimas, auténticas responsables de preservar esta arte.

O produto final é unha composición de distintos momentos das entrevistas realizadas nos que se pretende recoller algunhas das mensaxes máis importantes deixadas polas convidadas:

- A importancia das mulleres na transmisión desta riqueza cultural (a meirande parte delas anónimas).
- O legado das pandereteiras e cantareiras homenaxeadas nas asociacións culturais e o papel das informantes nas recolleitas para manter viva a corrente interxeracional.
- A figura de mulleres apoderadas que abriron camiño como é o caso de Leonarda de Tallo.
- A importancia da concienciación das novas xeracións para valorar e colaborar na preservación deste patrimonio cultural inmaterial.

O podcast pretende representar a cadea do ciclo humano de transmisión que amosa como se mantivo e chegou ata os nosos días.
Abre con Teresa dos Cucos, informante e cantareira responsable de compartir e transmitir a súa sabiduría neste campo, continúa co papel fundamental que están a xogar as asociacións que ensinan aos máis pequenos e pequenas este legado cultural e remata con Candela Lema cantando xunto coa súa mestra de pandeireta Icía Varela simbolizando a remuda xeracional que mantén viva esta herdanza.

Compartimos o produto final, un traballo etnolóxico-musical que esperamos que vos guste:
(É posible que ao inicio aparezan uns segundos de publicidade)


O alumnado participante foi o seguinte (5º educación primaria):

DANIA BLANCO RODRÍGUEZ
JUAN LUIS CASAR RODRÍGUEZ
ANTÍA CASTRO LÓPEZ
LEO COUSILLAS MEL
OLIVIA GONZÁLEZ MANTEIGA
CANDELA LEMA CHOUCIÑO
NOA PENA LEMA
BREIXO PLATAS ALVÁREZ
SAÚL SERANTES FONDO
VALENTINA SUÁREZ ORDÓÑEZ
BENITO VARELA AÑÓN
SANTIAGO VERES GARCÍA
CLARA VILLAVERDE MARIÑO
MARCO GARCÍA LEMA (6º primaria)

O presente traballo contou coas seguintes colaboracións:

Teresa Reigía Pose (Teresa dos Cucos): Cantareira, informante e veciña de Malpica galardoada no 2021 coma mestra da memoria.
Tania Doldán e Belén López: Representantes da asociación cultural Malante.
Lupe Blanco: Recoñecida regueifeira de Coristanco.
María Haz, Silvia Mato e Xacobe: Asociación Cultural e Deportiva Carcaxía.
Icía Varela: Coautora do libro ¨Cantareiras¨e representante da asociación cultural Raigañas.

O traballo foi coordinado e editado polo mestre Óscar Pérez xunto coas colaboracións do seguinte profesorado:
Susana Álvarez: Son da pandeireta do podcast, colaboración na confección do guión, encargada de contactar e convidar as distintas colaboradoras.
Sandra Cao na idea orixinal de traer as distintas convidadas para a realización das entrevistas.
Antonio Mato coma titor de 5º de primaria na colaboración do traballo do guión.
Xián Castro: Fotografía e colaboración no proceso.

30/04/25

ENTREVISTA E ENCONTRO CON PETER E CARLOS DE MOTION ACADEMY - PARKOUR - (5º DE PRIMARIA) (PVAD)

 Nas últimas sesións de Educación Física, Xián Castro que está de prácticas no noso centro, descubriunos o mundo do Parkour. Grazas a él coñecemos algúns aspectos básicos desta disciplina como o salto ¨longi¨, ¨preci ¨ ou o que é ¨pinchar¨ así coma outras habilidades desta actividade deportiva.

Tamén foi Xián o responsable de traer ao centro a dous cracks do Parkour coma Carlos e Peter, integrantes de Motion Academy, unha escola de Parkour onde ensinan e inician esta disciplina.

En Radio Balea poidemos coñecer  a súa relación co Parkour así como moitos aspectos relacionados co mesmo que non coñeciamos.

Posteriormente déronnos unha charla no leolab onde responderon a todas as preguntas do alumnado do 3º ciclo.

Moitas grazas chicos!! Foi un pracer coñecervos!! 

Compartimos a entrevista. Non deixedes de escoitala que é moi interesante!!:


acceso á galería de imaxes da entrevista clicando na de enriba ☝

acceso á galería de imaxes da charla clicando na de enriba ☝


Como remate final e accedendo ás demandas do alumnado...

09/04/25

CHARLA CON CARLOS DA FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA (PVAD)

O alumnado do 3º ciclo de educación primaria recibiu a visita de Carlos, representante da Federación Galega de espeleoloxía situada en Mondoñedo.
Gracias a Carlos e a súa amena charla descubrimos o que era a espeleoloxía e as covas máis importantes de Galicia, España e incluso do mundo.

Ensinounos o material que se utiliza nas visitas e expedicións, o respeto que se debe ter ao ecosistema dunha cova (que se creou durante centos e milleiros de anos) e a fauna que habita dentro destas cavidades.
Pareceunos unha charla moi interesante que despertou a curiosidade do alumnado; Carlos moi atento, foi respondendo as distintas preguntas que foron xurdindo.

Esperamos que o día de mañá podamos facer unha visita a unha cova, e quen sabe, que Carlos sexa o noso guía. Estaría xenial!!

Moitas grazas a Federación por achegarnos o mundo da espeleoloxía!! ata a próxima!!



Acceso á galería de imaxes picando na de enriba ☝

26/03/25

PARTICIPACIÓN NO MARATÓN RADIOFÓNICO POLO 30º ANIVERSARIO DE PONTE NAS ONDAS. VIMIANZO.

O pasado mércores 26 de marzo celebrouse en Vimianzo o maratón radiofónico dende distintos puntos de Galicia e Portugal de radio escolares para conmemorar o 30º aniversario de Ponte nas Ondas. O alumnado de 5º de educación primaria viaxou ata a capital de Terras de Soneira para facer a súa particular homenaxe ao patrimonio inmaterial, neste caso, as pandereteiras e cantareiras. Houbo entrevistas e actuación en directo.

Xunto co alumnado, desprazáronse ata a casa da cultura de Vimianzo Tania Doldán e Belén Rodríguez da asociación Malante, José Suárez Garrido, vicepresidente da asociación Raigañas e Silvia Mato e María Haz da asociación Carcaxía.

O alumnado fixo a súa actuación en directo no cal explicaron o traballo desenvolvido nas últimas semanas coas asociación culturais relativo a poesía popular oral.
Moitas grazas a Ponte nas Ondas e parabéns por ese 30 º aniversario así como agradecer as representantes das distintas asociacións pola colaboración.



       acceso á galería de imaxes picando nas de enriba ☝                                   

Ligazón á actuación a partir das 2 horas 17 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=x-GgE8WtMgc

Notas de prensa:

Radio:

18/03/25

CAMPIONATO DE BADMINTON ESCOLAR COMARCAL (PVAD)

 O pasado xoves 13 de marzo celebrouse en Serra de Outes o campionato comarcal de badminton categoría benxamín e alevín. O noso centro levou  alumnado de 6º a participar nesta competición tan interesante lúdica e didáctica xa que o alumnado participa dende o rol de xogador e dende o rol de árbitro, facendo rotacións entre eles para controlar os partidos.

Pouco a pouco queremos implementar esta actividade no centro e no municipio en iniciativas como esta, nos recreos deportivos ou no I campionato de Nadal celebrado en colaboración co concello.

Grandes resultados acadou o noso alumnado conseguindo 7 campións nos distintos grupos.

Parabens a todos e todas!!


                                     acceso á galería de imaxes picando nas de enriba ☝

02/03/25

ENTREVISTA Á ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA CARCAXÍA (MARÍA, SILVIA E XACOBE) 5º primaria

 María, Silvia e Xacobe como respresentantes da Asociación Carcaxía visitaron Radio Balea para ser entrevistados polo alumnado de 5º de educación primaria. Esta entrevista forma parte da quenda de actividades realizadas no mes de febreiro (mes da radio) no CEIP Milladoiro.

Todas as entrevistas están relacionadas coa temática do Día das Letras Galegas deste ano 2025 (cantareiras e pandereteiras) e a relación das coñecidas Pandereteiras de Mens co tecido asociativo malpicán relacionado coa cultura e tradición musical popular galega, concretamente coa pandeireta coma instrumento protagonista.

Durante a entrevista, descubrimos que Xacobe e bisneto dunha das pandereteiras; e tanto él coma María Haz e Silvia contestaron con detalle e amabilidade a todas as preguntas relacionadas non só sobre Carcaxía e as pandereteiras, senón sobre as súas traxectorias musicais e asociativas.

Ao final da entrevista animáronse a tocar a pandeireta e deixáronnos de agasallo ese momento especial que quedará de recordo no noso propio repositorio do centro.

Moitísimas grazas pola entrevista aos tres!!!! pasámolo xenial e aprendimos moito!! Esperamos volver a vervos pronto, se non é no cole, que sexa nunha foliada!!


    Acceso á galería de imaxes clicando na de abaixo

👇




Entrevista a Carcaxía (mes da radio CEIP Milladoiro)

26/02/25

ENTREVISTA LUPE BLANCO (6º primaria)

 O alumnado de 6º de primaria entrevistou a Lupe Blanco, coñecida regueifeira da Comarca de Bergantiños. Lupe tivo a xentileza de ser entrevistada polo alumnado de sexto na radio do noso cole antes de realizar o obradoiro  impartido ao resto do alumnado do centro na biblioteca.

Grazas a entrevista coñecimos máis segredos deste arte tradicional no que a improvisación, a retranca, a rapidez e axilidade mental son imprenscindibles.

Fixemos un repaso pola historia da Regueifa, das habilidades que debe ter un bo ou boa regueifeira e da súa traxectoria. 

No remate do podacst animouse a regueifar un pouco o que levantou o sorriso do alumnado.

Moitísimas grazas Lupe!! tanto pola entrevista como polo obradoiro!! Quedamos encantados e encantadas coa túa visita e esperamos volver a atoparnos contigo, se non é noutra actividade no cole, que sexa nalgunha festa regueifando!!!

     Acceso á galería de imaxes picando na de enriba ☝

6º de primaria di non ao acoso escolar!


 O alumnado de 6º de primaria estivo, durante varias semanas, traballando na creación das súas propias curtometraxes para loitar contra o acoso escolar.

O alumnado organizouse en pequenos equipos, realizando as tarefas de elaboración, corrección e reelaboración do guion; ensaio e actuación final na gravación da curta. Noraboa polo voso traballo!

Esperamos que vos guste!


ENTREVISTA Á ASOCIACIÓN CULTURAL RAIGAÑAS (ICÍA VARELA) 5º primaria.

O alumnado de 5º de primaria entrevistou no estudo de Radio Balea a Icía Varela, integrante da Asociación Cultural Raigañas. Icía Varela xunto co seu pai Xosé Manuel Varela é autora do libro ¨Cantareiras¨ da editorial Xerais no cal trata a traxectoria das sete mulleres homenaxeadas polo Día das Letras Galegas.

Icía contestou moi atenta e amable ás preguntas realizadas polo alumnado de quinto relacionadas con varios temas: o seu libro, a Asociación Raigañas, a súa traxectoria musical como pandereteira, a cultural tradicional musical galega...
Foi unha entrevista moi interesante que remata cunha copla que deixou aos nenos e nenas entusiasmados.

Posteriormente, na biblioteca do centro, fixo unha presentación de ¨Cantareiras¨. Desta vez coa presenza tamén do alumnado de sexto de primaria, que rematou coa sinatura e dedicatoria do libro e con outra peza musical acompañada por parte do alumnado.

Grazas Icía pola túa visita e por compartir estos momentos co alumnado do CEIP Milladoiro!!!!

             


                                       Acceso á galerá de imaxes picando na de enriba ☝

ENTREVISTA Á ASOCIACIÓN CULTURAL MALANTE (5º primaria)

 O alumnado de 5º de educación primaria entrevistou en Radio Balea a dúas integrantes da Asociación Cultural Malante. Tania (nai de Borja e Antía alumnado do centro) e Belén (tía de Anxo e Antía) tiveron a xentileza de responder ás preguntas realizadas polos nenos e nenas de quinto. 

Esta entrevista foi a primeira que se levou a cabo dentro do mes da Radio. A rolda de actividades comezou co podcast realizado co gallo do Día Mundial da Radio e continuou con esta interesante entrevista na cal Tania e Belén contaron en qué consisten as actividades que se dinamizan dende a Asociación Malante.

Explicáronnos tamén a relación que existe entre a riqueza cultural e popular galega no Concello de Malpica e o tecido asociativo relacionado coa música popular galega, herdanza non só das mediáticas pandereteiras de Mens, senón de todas as pandereteiras que houbo en cada parroquia, por non dicir case que en cada casa. 

As sete mulleres homenaxeadas este ano polo Día Das Letras Galegas dan visibilidade a unha forma de transmisión cultural a través da oralidade, onde antes, antigamente, todo se aprendía de de xeración en xeración a través da fala. 

Na entrevista faláronnos da técnica da pandeireta, das súas experiencias en actuacións e da cultura popular e musical galega.

Moitas grazas as dúas, foi un pracer poder compartir con vós esta entrevista.


                                      Acceso á galería de imaxes clicando na de enriba ☝

23/02/25

Campo a través (Cross) Carreira escolar intercomarcal zona Bergantiños. (PVAD)

 O pasado venres 21 de febreiro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria desprazouse ao polígono de Bértoa en Carballo onde se celebrou a carreira de cross intercomarcal da zona de Bergantiños.

Esta carreira encádrase dentro do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) na modalidade XOGADE sostida con fondos da XUNTA onde o centro participa por medio deste Plan Proxecta.

A carreira contaba cun total de 978 deportistas repartidos entre as distintas categorías (dende cadete feminino e masculino ata benxamín feminino e masculino).

Dende o CEIP Milladoiro, participamos coas categorías benxamín e alevín de ambos xéneros. O que se busca con esta iniciativa é que os nenos e nenas participen nun evento deportivo e experimenten a competición dende unha perspectiva lúdica, activa e participativa. 

A resposta foi moi boa e os nenos e nenas volveron contentos e orgullosos despois de ¨competir¨ contra outros nenos e nenas da comarca. Tratábase de participar con valores, pero tamén con espírito de esforzo e superación, e así foi. Un sobresaínte para todos e todas os que se animaron a correr. Parabéns!!

Destacamos ademáis a clasificación de varios alumnos e alumnas, mellorando a clasificación do ano pasado. En benxamín feminino Alexia quedou de 3ª e Manuela de 7ª o que lles permitiu clasificarse para a final provincial. En benxamín masculino, Anxo acadou o 5º posto. En Alevín feminino Antía quedou de campiona e Clara de 13ª e en alevín masculino, Martín Martelo de subcampión.

Moitas grazas as familias polo apoio e colaboración.

Comparto a clasificación da carreira por categorías da web da Federación Galega de Atletismo: 

CLASIFICACIÓN




Acceso á galería de imaxes picando na de abaixo 👇


NOTAS DE PRENSA:


11/02/25

DÍA MUNDIAL DA RADIO: MILLAINFORMA CAMBIO CLIMÁTICO

 O vindeiro xoves 13 de febreiro de 2025 será a conmemoración do Día Mundial da Radio. Para isto, o alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Milladoiro quixo facer a súa especial contribución neste sinalado día elaborando un programa especial Millainforma.

A UNESCO fixou para este día especial a temática ¨Radio e cambio climático¨  e o alumnado coa colaboración  de Óscar P. o coordinador da Radio escolar preparou un informativo ambientado no 2075.

O programa conta con todas as partes e seccións dun gran informativo: un parte metereolóxico, noticias da nosa terra, noticias internacionais, entrevista...

O resultado final é un informativo futurista, orixinal e cunha mensaxe moi potente que escoitaredes ao final do podacst; merece a pena escoitalo,xa que o que buscan os nenos e nenas é facer reflexionar sobre a deriva que está tomando o cambio climático e as consecuencias que pode ter non só no futuro, senón xa no presente.

Un clima distinto, unha exposición de coches antigos, un invento que pode arranxar o quecemento global...animádevos a escoitalo e a deixar un comentario no blog sobre que vos pareceu este traballo.

Parabéns alumnado de 5º, fixéchedes un gran traballo!!!



Agradecemos tanto a Ponte nas Ondas  como a Rede Espora o seu convite para participar nesta conmemoración. Dende Radio Balea... parabéns pola iniciativa e moitas grazas!!

E aquí tedes o Millainforma 2075!!👇

05/02/25

XORNADA DE CONVIVENCIA NO EFA FONTEBOA (6º PRIMARIA) (PVAD)

 O alumnado de 6º de primaria visitou as instalacións do EFA Fonteboa despois de recibir unha invitación para realizar unha xornada de convivencias nas súas instalacións xunto con outros centros da comarca.

A experiencia foi moi positiva xa que esta xornada permitiunos coñecer alumnado doutros centros e realizar actividades físicas con eles coma a escalada en rocodromo, partido de datchaball, figuras de cera de abella, xogos cooperativos ou coñecer o funcionamento dos seus invernadoiros entre outras actividades.

Acolléronnos da mellor maneira posible e de seguro repetiremos experiencia o vindeiro ano. Compartimos a galería de imaxes picando na de embaixo. 

Moitas grazas polo convite Fonteboa!!



Acceso á galería de imaxes picando nunha das de enriba ☝

31/01/25

6ºEP_Bailando pola Paz

 BAILANDO POLA PAZ

O curso de 6ª de EP propuxemos un reto ao curso 6ª de EP do CEIP Alborada: tiñamos que escoller unha canción coñecida por todos/as e modificar a súa letra, transformándoa nunha canción que trate sobre a paz. O resultado do noso traballo e esforzo podedes velo a continuación, onde a parte de mentalizarnos sobre a importancia de que todos e todas teñamos unha boa convivencia, pasamos un rato súper divertido!!

Blue and Yellow Playful Super Sale Instagram Post de Uxiaro

30/01/25

5ºEP_Reto pola Paz

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños realizaron unha actividade conxuntamente coa clase de 5º de Educación Primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel do concello de Coristanco.

A actividade consistiu na elaboración dunhas pulseiras nas que o alumnado tivo que escribir unha palabra relacionada coa paz e a non violencia, así como a súa posterior decoración. Unha vez elaboradas, tanto polo alumnado de Malpica como polo de Coristanco, procedeuse ao intercambio das mesmas. 

A maiores, tamén realizaron unha actividade na cal tiveron que pensar, por grupos, en situacións nas que se fomenta a paz no día a día e en cales se fomenta todo o contrario. Unha vez que cada grupo recolleu diferentes ideas para ambas situacións, fixeron un debate-diálogo en gran grupo do cal saíu o produto final que poden observar nas fotografías enlazadas, premendo na imaxe.