26/03/25

PARTICIPACIÓN NO MARATÓN RADIOFÓNICO POLO 30º ANIVERSARIO DE PONTE NAS ONDAS. VIMIANZO.

O pasado mércores 26 de marzo celebrouse en Vimianzo o maratón radiofónico dende distintos puntos de Galicia e Portugal de radio escolares para conmemorar o 30º aniversario de Ponte nas Ondas. O alumnado de 5º de educación primaria viaxou ata a capital de Terras de Soneira para facer a súa particular homenaxe ao patrimonio inmaterial, neste caso, as pandereteiras e cantareiras. Houbo entrevistas e actuación en directo.

Xunto co alumnado, desprazáronse ata a casa da cultura de Vimianzo Tania Doldán e Belén Rodríguez da asociación Malante, José Suárez Garrido, vicepresidente da asociación Raigañas e Silvia Mato e María Haz da asociación Carcaxía.

O alumnado fixo a súa actuación en directo no cal explicaron o traballo desenvolvido nas últimas semanas coas asociación culturais relativo a poesía popular oral.
Moitas grazas a Ponte nas Ondas e parabéns por ese 30 º aniversario así como agradecer as representantes das distintas asociacións pola colaboración.



       acceso á galería de imaxes picando nas de enriba ☝                                   

Ligazón á actuación a partir das 2 horas 17 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=x-GgE8WtMgc

Notas de prensa:

Radio:

18/03/25

CAMPIONATO DE BADMINTON ESCOLAR COMARCAL (PVAD)

 O pasado xoves 13 de marzo celebrouse en Serra de Outes o campionato comarcal de badminton categoría benxamín e alevín. O noso centro levou  alumnado de 6º a participar nesta competición tan interesante lúdica e didáctica xa que o alumnado participa dende o rol de xogador e dende o rol de árbitro, facendo rotacións entre eles para controlar os partidos.

Pouco a pouco queremos implementar esta actividade no centro e no municipio en iniciativas como esta, nos recreos deportivos ou no I campionato de Nadal celebrado en colaboración co concello.

Grandes resultados acadou o noso alumnado conseguindo 7 campións nos distintos grupos.

Parabens a todos e todas!!


                                     acceso á galería de imaxes picando nas de enriba ☝

02/03/25

ENTREVISTA Á ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA CARCAXÍA (MARÍA, SILVIA E XACOBE) 5º primaria

 María, Silvia e Xacobe como respresentantes da Asociación Carcaxía visitaron Radio Balea para ser entrevistados polo alumnado de 5º de educación primaria. Esta entrevista forma parte da quenda de actividades realizadas no mes de febreiro (mes da radio) no CEIP Milladoiro.

Todas as entrevistas están relacionadas coa temática do Día das Letras Galegas deste ano 2025 (cantareiras e pandereteiras) e a relación das coñecidas Pandereteiras de Mens co tecido asociativo malpicán relacionado coa cultura e tradición musical popular galega, concretamente coa pandeireta coma instrumento protagonista.

Durante a entrevista, descubrimos que Xacobe e bisneto dunha das pandereteiras; e tanto él coma María Haz e Silvia contestaron con detalle e amabilidade a todas as preguntas relacionadas non só sobre Carcaxía e as pandereteiras, senón sobre as súas traxectorias musicais e asociativas.

Ao final da entrevista animáronse a tocar a pandeireta e deixáronnos de agasallo ese momento especial que quedará de recordo no noso propio repositorio do centro.

Moitísimas grazas pola entrevista aos tres!!!! pasámolo xenial e aprendimos moito!! Esperamos volver a vervos pronto, se non é no cole, que sexa nunha foliada!!


    Acceso á galería de imaxes clicando na de abaixo

👇




Entrevista a Carcaxía (mes da radio CEIP Milladoiro)