13/12/09

Creación de Power Point



Co fin de que milloremos as presentacións en Power Point, veño de poñervos na columna de enlaces unha nova sección con acceso a videos que serán de axuda.
Animar textos, poñer son... son efectos que fan as presentacións máis amigables.

E agora...¡a xogar con elas!
Deixovos tamén AQUÍ un titorial sinxeliño para lembrar o uso do programa.

05/12/09

Obradoiros de Traballo Decente



O xoves fixemos un par de obradoiros sobre Traballo Decente.
Preguntas, probas, reflexións sobre as condicións de traballo das persoas no chamado Primeiro Mundo (Comunidade Europea e América do Norte)e os outros mundos (América do Sur, Asia, Africa, Indonesia...)
Estivo ben a reflexión sobre o prezo dun bolo con chocolate industrial e o dun bocadillo de queixo: eses prezos tan baratos para productos que veñen de tan lonxe...¿canto se lle paga a quen o fai?
Aprendimos tamén que é o dereito á folga, que é cotizar, que é un salario digno...
Os monitores fixéronnos o traballo mo agradable.
E tamén nos falaron das tendas de Comercio Xusto nas que se venden productos que foron fabricados sen explotar a ninguén e cao seguridade de que quenes os fixeron non foron outros nenos coma nós.
Esta actividade está dentro da cousa que estamos facendo para traballar os Dereitos Humanos.
Tendes máis información no blogue da Biblioteca e no de 3º

25/11/09

Dereitos dos nenos, Dereitos Humanos. Dereitos de todos e todas

Velaí esta presentación que preparou Loly Lago. Mirade con atención e teredes moita, moita información sobre cousas que suceden hoxe, onte, cada día...¿sempre?



Ademáis, podedes consultar:
A visión de Mafalda
UNICEF
Declaración da UNESCO
Video Mafalda
Ademáis, o noso libro que se completará cos debuxos que estades a facer:
| View Sample Photo Books | Create your own Photo Book


Para velo desplegado, xa sabes: PREME AQUÍ
E, se non chega o material, xa sabedes...¡a buscar!

Webquest do Ceip Andrade de Ferrol

21/11/09

Viaxe á Ribeira Sacra


Alá fomos. Saímos ás 8:15 da mañá para comezar un día longo e precioso.
Como o tempo non acompañou moito, houbo un cambio de plan e, en lugar de facer unha camiñata olo monte, visitamos os mosteiros de San Pedro de Rocas e Santo Estebo de Ribas de Sil. Logo fomos comer ó polideportivo de Luintra (que aínda non está acabado de facer) e alí recibimos a visita de Santi, un afiador que nos explicou cousas do oficio: que é un naceiro, un mutilo... e aprendeunos frases en Barallete (a xiria que usaban os afiadores para comunicarse entre eles):
Bata, caranto caxirte un mordato
Mamá, quero darche un bico
A orenta é un talaxío taril, non talaxedes a orenta.
A auga é un ben preciosos, non malgastedes a auga.
Se apeñades dos morenos, os morenos apeñarán de vós.
Se coidades das árbores, as árbores coidarán de vós.
Logo fomos ó catamarán e percorremos un tramo do río Sil. Vimos as cepas do viño que parecía imposible que alguén chegase ata elas.
E logo... a volta. Chegamos a Malpica ás 21:15. Tal e como quedaramos coas nosas familias.
Cansos pero moi, moi contentos.
A información e os enlaces ó que se pode ver na Ribeira Sacra, xa volos puxemos nas entradas anteriores (as dos textos da webquest) así que, non repetimos.

19/11/09

Ribeira Sacra



Ribeira Sacra:
A Ribeira Sacra está formada por vintedous concellos:A Pobra do Brollón · Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · A Peroxa · A Teixeira · Pantón · Parada de Sil · Paradela · Pereiro de Aguiar · Portomarín · Quiroga · Saviñao · Sober · Taboada
Chámase así pola gran cantidade de mosteiros que existen na zona.
Chégase: indo ata lugo pola A-6 e desviarse en dirección Ourense pola Lu-903.
Na Ribeira Sacra vívese do cultivo de uvas para obter viño. E de facer o viño.
Monumentos que visitar:un dos dezaoito mosteiros que hai, por exemplo o de Santa Cristina, os Cañóns do Sil e as viñas que se poden contemplar se sigues o curso do río.

Ribeira sacra



O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca.
Chégase pola A-6 .Dende Malpica á Coruña , en Coruña cóllese a A-6 ata Lugo e alí LU-903 e despois a OU-903 cando vexas o rio segues o seu curso.
Alí principalmente vívese do plantar vides e facer viño: a D.O. Ribeira Sacra.
Os monumentos son: mosteiro de Pedro Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo , Xunqueira de Espadañedo, Santo Estebo de Ribas de Sil... e así ata máis de 18.
.
Tanto eu coma Jessica temos moitas ganas de ir á Ribeira Sacra e con este traballo aprendimos algo mais .

A Ribeira Sacra.


COMO CHEGAR DENDE MALPICA ATA VILARIÑO

Ir dende Malpica ata Arteixo, alí coller o desvío para Madrid/A-6/Lugo, logo coller a estrada LU-903 ata a OU-903.
A continuación dirixirse ata OU-0604 e xa estaremos.

CONCELLOS DA RIBEIRA SACRA

Os concellos da Ribeira Sacra son: A Peroxa, A Proba do Brollón, A Teixeira, Baños de Molgas, Castro Caldelas, Chandreixa de Queixa, Chantada, Esgos, Maceda, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Sabiñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Pereiro de Aguiar, Portomarín, Quiroga, Saviñao, Sober e Taboada.

MONUMENTOS

Vale a pena visitar algúns dos 18 mosteiros, por exemplo: O de Santo Estebo, o de Santa Cristina de Ribas de Sil ou o de Santa María de Montederramo. Ou algún castelo coma o de Peroxa ou o de Castro Caldelas.

¿POR QUÉ SE CHAMA ASÍ?

Chámase así pola cantidade de mosteiros e templos que ten na ribeira do río Sil.


ALÍ VIVEN DE…

Viven de elaborar viño, xa que alí é a terra del. Teñen unha denominación de orixe: Ribeira Sacra.

02/11/09

Malpica: Eva e Guiomara