01/10/15

O meu can.





Son Olga,vivo en Malpica e teño dez anos.
Teño un can que se chama Ron, é de raza mastín. É moi bo e tamén moi xoguetón.
Querémolo moito eu máis meu irmán.
Vive en Ardeleiro pero non me importa porque moitas veces o fin de semana vou desde Malpica ata Ardeleiro  para xogar con el á pelota de noite.






O meu can Lucas


Eu chámome Noemi e teño un can que se chama Lucas é moi bonito. É negro con manchas brancas pero non e un dàlmata é unha raza como o yorkshire. É pequeniño anque xa ten 6 anos. Salta moi alto e come moitisimo. È un lambón e cando xogas con el á pelota non cha quere devolver.
É moi atravesado pero o queroo moitísimo!

LUNA



Luna é unha cadela dunha amiga miña.
Luna ten o pelo negro rizado. É moi xoguetona, boa e cariñosa.
É mamá e tamén avoa. A sua raza é Cocker Spaniel:é unha cadela de compañía.
Esta raza é moi activa e úsase para axudar aos nenos con problemas.
Luna é moi boa e mimosa, queroa moitísimo!

Os meus cans


Chámome Valeria,e vouvos presentar a dous cans. Un chamase Duque (o negro) e o outro Tin. Os dous son mestizos.
A Duque gústalle que lle tiren a pelota, sábelle moito o chocolate e gústalle estar entre a xente.
Tin e durmitón e tranquilo. Gústalle que lle fagan mimos.
Duque ainda é un cachorro porque ten 2 anos. Tin xa é velliño e ten 12 anos.
Os dous son moi diferentes pero  non son quen de separarse!!!!

O MEU CAN


Eu, son Alicia e vouvos presentar ao meu can Chisco. El é mestizo e o seu pelo ten tres cores: negro, marrón e blanco. É pequeno e, anque xa ten 4 anos, gústalle moito comer osos de polo e tamén lle gusta moito a carne picada.
O pobre rompeu unha pata hai seis meses e pasouno fatal, e eu tamén. Pero ainda asi, recuperouse e agora está moi feliz.
É bonito e cariñoso e por iso o quero tanto.

O meu can Rai

Son Adrian Pose e vivo en Malpica.
Eu teño  un  can que se chama Rai.
É un Boxer, a min encántame xogar con el á pelota pero é moi bruto. Dame noxo cando me baba pero a pesar de eso é moi boiño.

A miña cadela Trufa

Chámome Yessica  e teño 10 anos .
A miña cadela chámase Trufa .É un pastor alemán. Ten os ollos marróns. A sua pelaxe  é de dúas cores: negro e area . Gústalle  moito ir á praia de Seiruga e nadar no mar. Cando veño da escola  véxoa coa pelota na boca e sempre xogo con ela. Non lle gustan os gatos . Estoulle ensinando a dar a pata  e a sentarse .
                      ¡¡¡ É moi lista !!!

30/09/15

Fabián



Eu son Fabian e teño 10 anos.
Teño un cadela que se chama Luna e vive en Pazos.
Gústalle coller os zapatos e mordelos.
Tamén xoga ao fútbol.
É de cor  negra e branca. Gústelle comer bistés de vaca.
Sempre está correndo polo campo.