De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
28/02/09
Caligramas
Hai uns días que nos puxemos a facer caligramas, non con poemas senon cunha soa palabra. A verdade é que foi moi divertido.
Aquí tendes unha mostra dos millores. Non están todos ¿verdade, Miguel?
24/02/09
Unha páxina para repasar
19/02/09
Medicamentos máxicos
O mes pasado andivemos a inventar medicamentos máxicos. É posible que andemos nexesitados de algún deles. De momento xa temos as fórmulas maxistrais para facelos.
¿Queres velos?
¿Queres velos?
09/02/09
Os nosos animais raros
Estes días que andabamos a estudar os animais, fixemos unhas cantas búsquedas nos libros sobre animais que non coñecíamos. Aquí quedan algunhas delas, co que conseguimos aprender de procesar texto.... Ademáis, o traballo valeu para aprender a mandar un correo electrónico cun arquivo adxunto. Pagou a pena.
PREME AQUÍ PARA VER
PREME AQUÍ PARA VER
21/01/09
O animal máis velenoso do mundo
Agora que andamos a saber algo máis dos animais...¿a ver se coñeciades este?
Estade tranquilos, que por aquí non o hai.
Estade tranquilos, que por aquí non o hai.
17/12/08
Jessica

Son Jéssica teño 10 anos.
O meu colexio e C.E.I.P. Milladoiro en Malpica,pero eu son de Barizo.Somos 20 na clase.
Teño un can que se chama Iker,un gato que se chama Felix e un paxariño que se chama Flipy.
Teño tamen un irman que se chama Juan Ramón,teño moitos amigos e gustanme os animais.Publicamos isto porque estamos en informatica aprendendo a publicar cousas nun blog e eu estou publicando isto.
Os inventores e descubridores

MARIE CURIE
Naceu o 7 de novembro de 1867 na cidade de Varsovia.O seu verdadeiro nome era MARIE SKLODOWSKA .Era a menor de cinco irmáns. Realizou estudos superiores ,que naqueles tempos poucas mulleres o consegiron.Con 24 anos foise a París a realizar estudos na Soborna.Dous anos despois terminou os estudos de Física e máis tarde os estudos de Matemáticas.
En Xullo de 1895 casou con Pierre Curie e en 1897 terminou os seus estudos sobre o aceiro e naceu a sua primeira filla chamada Irene.
Dedicouse moitos anos a estudar os raios e as radiacions.Tiveron o Premios Nobel os tres: pai, nai e filla.
Foi a unica muller científica que obtivo dous Premios Novel :1903 de Fisica e 1911 de Química
Alexander GRAHAM BELL

Cando empezamos o traballo(Andrea,Cecilia e Guiomara) de Alexander Graham Bell creíamos que el foi o inventor do teléfono,e non era certo.
Pasou a súa vida investigando sobre a maneira de que os xordos poidesen comunicarse xa que a súa nai e a súa avoa eran xordas.
En realidade o inventor é un home italiano (Antonio Meucci).
El patentou e desenvolveu o teléfono.
Graham Bell tivo catro fillos ;pero o malo é que dous deles morreron de tuberculose.
Morreu aos 75 anos e foi soterrado nos montes máis pretos da súa casa en Escocia.
ALBERT EINSTEIN

Albert Einstein naceu o 14 de marzo de 1879 en Ulm (Alemaña).
En 1908 foi profesor auxiliar en Berna. En 1914 trasladouse a Berlín por culpa da II Guerra Mundial.
En 1921 gañou o premio Nobel da física. En 1915 presentou un traballo da teoría da relatividade E=mc2.
En Princeton (Estados Unidos) no ano 1955 morreu aos 76 anos.
GUTTEMBERG

(Maguncia 1399- Maguncia 1477)
Cando era novo comezou a aprender a arte da orfebreríá e da acuñacion de moedas.
Inventou a imprenta tiprográfica, o primeiro libro impreso foi unha biblia protestante de 42 liñas.
Tivo un socio que se chamaba Fust e, no ano 1455, este demandou a Gutenberg por non respetar os seus compromisos.
Perdeu, tivo que pagarlle 2026 floríns.
EDISON

Nós: Rosana, Fani e Christian, tivemos que facer un traballo sobre Edison.(1847-1931)
Aprendemos algunhas cousas máis das que xa sabíamos.
O que máis nos chámou á atención foi que de pequeno o expulsaron da escola por mal estudiante é a nai, que fora mestra, insinoulle todo o que sabía.
Se non fora por el,non teriamos luz, nin telégrafo, nin algunhas cousas máis, anque algúns dos seus inventos son compartidos (por exemplo o Kintescopio).
Edison foi probablemente un dos inventores máis grandes de todolos tempos:patentou máis de 1000 inventos.
Disfrutamos moito facendo o traballo.
FLEMING
(1881-1965)

O que máis nos interesou foi que por dous despistes descubriu a penicilina e a lisozima.
Foi o comezo dos antibiöticos que salvaron tantas vidas que lle deron o Premio Novel de Fisioloxïa e Medicina(ano 1945).
Foi nomeado Sir pola raïña de Inglaterra debido ä importancia do seu descubrimento.
Daniel
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

