De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
18/03/11
Un consello
Hai uns días que vimos nos noticiarios ós nenos e nenas da escola de Ridolaina de Montellá sentados sobre pelotas en clase.
A idea é correxir malas posturas para non estragar as costas.
Hoxe chéganos este vídeo que é bastante explicativo.
Mirádeo e procurade facerlle caso. Lembrade que non se poden mercar esqueletos de reposto :-)
Non son uns pelotas calquera, claro. Trátase de balóns medicinais de fitball dos que se usan nos ximnasios.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
vímos o vídeo miña nai máis eu e temos que facerlle caso a estes consellos¡
Pois agora...¡a practicar! Que todo é poñerse.
bo!!! estes rapaces son uns copions pero creo que estas ideas non son exactamente dos rapaces senon da sua profe Olga e iso non vale porque xa nos aburrimos de ver sempre o mesmo pero como agora son os teus alumnos favoritos!!! eu e rosi votamoste moito de menos ai se volveramos aa estar contigo que ben o pasabamos e outra cousa meus pais ainda non me puxeron o internet
Bueno, non entendo eso de que vos aburrides de ver sempre o mesmo. Xa mo explicaredes.
O que a min me encanta é que seguides visitando este blog, que será sempre voso, tamén.
Cada curso teño novos nenos e nenas na miña aula. Pero todos sodes especiais e quedades para sempre no meu corazón.
E sabédelo.
Publicar un comentario