24/11/11

Cincenta. Proposta de traballo 5ºA

Comezamos co noso traballo sobre o conto escollido: CINCENTA.
A base desta traballo é o PDI elaborado para todo o centro Cantos contos contas ti?
Concretaremos aquí o PDI para a aula de 5ºA.

Despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:

  1. A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
  2. A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
  3. Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
O primeiro paso:
Obxectivo: Vestir a Cincenta.
  • Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
  • Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
  • Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
  • Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Segundo paso: 
Obxectivo: elaborar un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.
  • Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
  • Recoller tódolas características (adxectivos) e accións (verbos)que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
  • Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
  • Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Terceiro paso:
Compararemos as tres versións, situándoas cronolóxicamente no tempo prestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final.

Cuarto paso:
Obxectivo: escribir e debuxar o conto secuenciadamente dándolle a forma dun KAMISHIBAI.
  • Decidiremos en gran grupo as escenas que queremos plasmar plásticamente
  • Adxudicaremos a cada unha o fragmento de texto que lle corresponde .
  • Debuxar e escribir. Cada escolar será autor de, alomenos, unha ilustración e un fragmento do texto.
  • Enlazaremos cada fragmento de texto co anterior e o seguinte.
  • Estudaremos tipos de plano (xeral, enerio, americano, medio, primeiro e de detalle) e perspectiva (picado e contrapicado)
  • Os debuxos faránse en A4 e despois ampliaránse en A3
  • Coloreamos e escribimos oo texto con estructura de kamishiba. 
 Este traballo dará fin ao Proxecto.

    Ningún comentario: